Versos na rúa para a estrela Rosalía

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto a pé de rúa para animar á cidadanía a votar e nomear Rosalía unha estrela. Comezará ás 17.30 diante do Teatro Colón da Coruña e recitaranse e cantaranse versos da escritora.
Background with Starry night sky. Falling Snow Effect. Galaxy

Este domingo, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto diante do Teatro Rosalía de Castro, para animar a cidadanía a votar e dar o nome Rosalía de Castro a unha estrela. “Literatura e astronomía, letras e ciencias, únense nun acto divulgativo a pé de rúa”, que comeza ás 17.30 horas.

Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, explica que o acto terá lugar na rúa pois, “xa que estamos en campaña electoral, tamén decidimos facer nós un acto para animar ao voto. Será aberto, para que a xente se achegue e lea textos de Rosalía ou cante cancións que parten dos seus versos”, di a Sermos Galiza. As asociacións repartirán folletos informativos que explican como nace a campaña, cal é a estrela e o exoplaneta que se nomearán e a súa localización no cosmos.

Até o vindeiro 12 de novembro está aberta a votación para poñer nome á estrela HD 149143 e ao planeta HD 149143 b, no marco dun proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu 100 aniversario. A votación pódese realizar a través da páxina nombraexoplanetas.es. A de Rosalía e o río Sar é a candidatura proposta pola asociación Ío.

Comentarios