Retiran a palabra a Néstor Rego por empregar o galego no Congreso

Diferentes deputadas e deputados popuñan engadir ao Artigo 6 do Regulamento da Cámara un apartado para dar "dereito aos deputados" para "intervir nas sesións do Pleno e das Comisións en calquera das linguas oficiais.
O deputado nacionalista Néstor Rego durante unha  intervención no Congreso. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O deputado nacionalista Néstor Rego durante unha intervención no Congreso. (Foto: Nós Diario)

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego tomaba a palabra esta terza feira na Cámara baixa do Estado español nun debate sobre unha posíbel reforma do Regulamento do Congreso sobre o uso das linguas oficiais no propio hemiciclo.

Diferentes deputadas e deputados (entre os que se encontraba Rego) popoñían engadir ao Artigo 6 do Regulamento da Cámara un apartado para dar "dereito aos deputados" para "intervir nas sesións do Pleno e das Comisións en calquera das linguas oficiais e recoñecidas estatutariamente", así como a facer o propio nos documentos e escritos parlamentarios.

O deputado do BNG decidiu intervir en galego cando, pouco despois de comezada a propia intervención, desde a Presidencia do Congreso anunciaron que, para poder continuar, debería facelo en castelán. 

Após esta primeira 'advertencia', Rego continuou en galego defendendo a "realidade plurilingüe do Estado e a necesidade de avanzar na plena normalización das linguas oficiais". 

Foi entón cando a Presidencia do Congreso lle deu unha segunda advertencia "pregándolle" que utilizase o español. 

Poucos segundo despois, retirábaselle a palabra a Rego por ter continuado a súa intervención en galego.

"Non existe impedimento técnico"

O propio deputado nacionalista indicaba que "é claro que non existe ningún impedimento técnico. A Asemblea Federal suíza utiliza 3 linguas e o Parlamento europeo 24. É, pois, cuestión de vontade política".

Tamén aproveitou para indicar que "a imposición do castelán na Galiza está sobradamente documentada". 

Comentarios