Formoso considera unha "irresponsabilidade" que Feixoo non resolva "xa" a súa sucesión

Instou ao presidente da Xunta a "acelerar os tempos" porque asegurou que "lamentabelmente non se deben respectar os tempos habituais neste tipo de sucesións".
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha rolda de prensa na sede da formación en Santiago.
photo_camera O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha rolda de prensa na sede da formación en Santiago.

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, subliñou que os cidadáns "xa gozan" de descontos nos prezos dos combustíbeis nas gasolineiras, pero con todo as "poucas" medidas do Goberno de Núñez Feijóo "nin sequera entraron en vigor". Formos, ademais, anunciou unha lei para regular o xogo e as casas de apostas na Galiza.

 

Ademais, o líder do PSdeG instou ao presidente da Xunta a "acelerar os tempos" porque asegurou que "lamentabelmente non se deben respectar os tempos habituais neste tipo de sucesións". En declaracións aos medios con motivo dunha xornada de debate sobre a lei do xogo organizada polo PSdeG no Parlamento, Formoso lamentou que os colectivos afectados pola suba de prezos estean á espera de que a Xunta publique no Diario Oficial de Galiza as "poucas" medidas adoptadas polo Executivo galego para facelas "eficaces".

En cambio, asegurou que as medidas adoptadas polo Goberno central foron publicadas no Boletín Oficial do Estado e "xa son efectivas".

Neste sentido, subliñou que os cidadáns "xa gozan" de descontos nos prezos dos combustíbeis nas gasolineiras, pero con todo as "poucas" medidas do Goberno de Núñez Feijóo "nin sequera entraron en vigor".

 

Formoso, anunciou, ademais, que os socialistas impulsarán no Parlamento autonómico unha lei para regular o xogo e as casas de apostas na Galiza. O secretario XEral dos socialistas galegos explicou que neste foro estase dando a coñecer aos colectivosque traballan por apoiar aos enfermos e enfermas adictas ao xogo unha proposta de proxecto de lei que se vai presentar no Parlamento. Esta iniciativa pretende “cubrir o baleiro que deixa o goberno galego, que leva sen tomar medidas nunha área tan sensible para a nosa cidadanía e, sobre todo, para a xente nova do noso país”.

O secretario xeral dos socialistas galegos sinalou que se trata dunha “proposta ambiciosa” que se marca como gran obxectivo “protexer a xente máis nova do noso país con medidas tan innovadoras como o establecemento dunha distancia mínima das casas de apostas aos colexios”. Lamentou que “hoxe podemos ver algunhas a cinco metros da porta dalgún centro educativo, baleirando os patios dos colexios sen que o goberno  galego estea a facer absolutamente nada para evitalo nin se lle espere”.  

Ademais, incidiu en que esa proposta incluirá prohibicións para que non haxa caixeiros automáticos  nas casas de apostas ou para que non existan reclamos como  zonas de xogo infantil para os nenos e nenas máis pequenos nas propias casas de apostas. Formoso chamou a atención sobre o feito de que “isto está ocorrendo no noso país coa conivencia do  goberno galego e sen que as autoridades competentes na materia fagan nada por regular esta situación”.

Nas xornadas de debate sobre a lei do xogo organizadas polo PSdeG participaron o voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado; a secretaria da área de políticas Sociais da CENG, Margarita Martín Rodríguez; o director do proxecto de loita contra a ludopatía do Concello de Santiago, Ramón Molina; e o presidente da Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (AGALURE), Francisco Gil.

Comentarios