Un ex asesor de Pachi Vázquez encabezará a lista nas municipais do PP no Carballiño

A dirección do PP deu a coñecer esta sexta feira a elección de Lino González (París, 1971) como candidato á Alcaldía do Carballiño.
Lino García e Manuel Baltar esta sexta feira (Foto: Alberte Paz).
photo_camera Lino García e Manuel Baltar esta sexta feira (Foto: Alberte Paz).

A candidatura do Partido Popular (PP) do Carballiño nas eleccións municipais do 28 de maio estará encabezada por Lino González, quen exerceu de cargo de confianza do ex líder socialista Pachi Vázquez durante a súa etapa como alcalde da vila do Arenteiro.

A dirección do PP deu a coñecer esta sexta feira a elección de Lino González (París, 1971) como candidato á Alcaldía do Carballiño.

Nacido en Francia no seo dunha familia emigrante que regresou a Galiza en 1981, González desenvolveu a súa carreira profesional no sector bancario.

"Liderar o cambio"

Nun comunicado, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou a Lino González como "un referente da sociedade carballiñesa" con capacidade para "liderar o cambio" no municipio que goberna desde 2015 o socialista Francisco Fumega.

Pola súa parte, segundo recolle un comunicado, o candidato popular o próximo 28 de maio resaltou como aval a súa “proximidade á veciñanza grazas á súa actividade profesional de 22 anos como traballador da oficina de Caixa Rural do Carballiño, que preside na actualidade”.

Recuperar a Alcaldía

Así, o PP do Carballiño fixo como obxectivo "reforzar" a "proximidade" cos veciños como vía para lograr un "cambio" no goberno e recuperar unha Alcaldía que non ostentan desde hai oito anos.

Comentarios