O Estado español relega o galego por detrás do catalán na UE

Os Estados da UE resístense a tomar unha decisión sobre a petición española de oficializar o uso das linguas oficiais do Estado na Unión Europea até que “non haxa sobre a mesa un ditame xurídico do Consello da UE sobre as consecuencias da medida e unha análise do seu impacto económico e práctico no funcionamento do bloque”.
O minsitro de exteriore do Goberno español, José Manuel Albares (Foto:  Eduardo Parra/ Europa Press).
photo_camera O minsitro de exteriore do Goberno español, José Manuel Albares (Foto: Eduardo Parra/ Europa Press).

O Goberno español vén de propor aos Vinte e sete Estados da UE comezar pola inclusión do catalán como lingua oficial da UE para logo pasar a engadir o Euskera e o galego, ademais de asumir o custo que a oficialidade destas tres linguas poida ter, segundo explicou o ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación en funcións, José Manuel Albares.

En declaracións ao finalizar o Consello de Asuntos Xerais no cal se abordou a petición do Goberno de dar status de linguas oficiais a galego, catalán e euskera, o ministro explicou que expuxo aos seus socios "períodos transitorios" e "iniciar o seu despregamento primeiro co catalán e seguidamente coas outras dúas linguas".

Os Estados da UE resístense a tomar unha decisión sobre a petición española de oficializar o uso das linguas oficiais do Estado na Unión Europea até que “non haxa sobre a mesa un ditame xurídico do Consello da UE sobre as consecuencias da medida e unha análise do seu impacto económico e práctico no funcionamento do bloque”.

Reunión dos Estados

Así quedou patente tras 40 minutos de discusión na reunión de ministros de Asuntos Xerais da Unión Europea decorrida en Bruxelas e que concluíu sen que o asunto se sometese a votación, porque as delegacións necesitan "máis tempo" para estudar o asunto.

Unha vintena de ministros tomaron a palabra para expresar as súas dúbidas e a presidencia de quenda que exerce o Estado español "tomou nota" das posicións dos seus socios na UE e anunciado que o Consello "retomará o asunto nunha reunión futura", sen aclarar os prazos, sinalaron as fontes.

A posición da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística censurou esta terza feira a “actitude galegófoba do ministro Abales e exiximos que se corrixa esta discriminación”.

“O galego non é unha lingua de segunda. A aprobación de calquera outra lingua do Estado na UE debe ir acompañada das tres”, acrecentaron Desde a Mesa a través da súa conta na rede social X (antiga Twitter).

Comentarios