Anonymous anima a denunciar as irregularidades electorais en México

Lanzou un video no que asegura que o cambio xa chegou a México e a poboación ten que denunciar e protestar polo que consideran "unha estratexia tan noxenta e agresiva" do PRI "para perpetuar a súa fraude electoral".
Anonymous México

O colectivo Anonymous lanzou un vídeo no que se invita os cidadáns mexicanos a manterse activos nos movementos e manifestacións sociais contra unha suposta fraude electoral. No vídeo afirman que "ante todas as situacións lamentábeis polas que atravesamos polo grotesco fraude das pasadas eleccións do día 1 de xullo e mesmo desde días previos" teñen previsto actuar. Aseguran que o cambio xa chegou a México "da intelixencia contra a a malsá estupidez que asfixiou o noso país" e remítense a movementos como #yosoy132. Denuncian que "os porcos do PRI aplicaron unha estratexia tan noxenta e agresiva para perpetuar a súa fraude electoral" con pactos con medios de comunicación hai xa seis anos.

Anonymous: "Aos porcos vénceselles con intelixencia"


"Aos porcos vénceselles con intelixencia", continúa o vídeo de Anonymous. Aseguran que recibiron mensaxes para que atacaran as páxinas web de Televisa ou o PRI mais sinalan que "serviría de pouco". Prefiren falar de "transvolución social" co compromiso e a actuación de toda a poboación. "A xente consciente transforma o mundo", apuntan no vídeo. Entre outras actividades propostas, resalta a iniciativa da "foto por casilla" na que usuarios das redes sociais comparan fotos das sabas electorais cos resultados oficiais en internet. Tamén animan a asistir ás protestas xa que, segundo Anonymous, "Peña Nieto non será presidente do país posto que a maior parte da poboación non o quere".

Máis en Mundo
Comentarios