México listo para escoller novo goberno

O Instituto Federal Electoral (IFE) informou de que está listo para a xornada electoral que terá lugar hoxe en México. Os pronósticos do tempo sinalan que haberá chuvias fortes durante estas eleccións nesa zona e , aínda así, a previsión do IFE é de que a asistencia sexa moi importante.

"O IFE está listo ao cen por cento, un millón de cidadáns foron capacitados para facer autoridade electoral, dous millóns de representantes dos partidos están listos para vixiar o proceso", asegurou o presidente do ente, Leonardo Valdés.

Valdés percorreu onte as instalacións da megasala de prensa e os postos colocados polos distintos medios de comunicación que realizarán a cobertura informativa da elección.

80 millóns de cidadáns están rexistrados no listado nominal de electores para estes comicios 2012

 

O funcionario dixo que os paquetes electorais foron entregados para que sexan instaladas a totalidade das casas no territorio nacional e afirmou que se aplicaron os procedementos e protocolos para a entrega do material para as votacións.

A dependencia federal presentará tres mensaxes en cadea nacional co fin de informar a cidadanía sobre o desenvolvemento da xornada cívica.

O primeiro será para invitar a cidadanía a emitir o seu sufraxio; mentres que os outros dous se ofrecerán ás 20:00 hora local  para coñecer o peche da votación e o inicio do Programa de Resultados Electorais Preliminares (PREP). E ás 23:45 hora local  transmitirase o último cos resultados do conteo rápido, o cal dará unha idea acerca das tendencias de votación para a Presidencia da República.

Preto de 80 millóns de cidadáns están rexistrados no listado nominal de electores para estes comicios 2012. As autoridades calculan que a concorrencia ás urnas podería flutuar entre o 60 e 65 por cento.


Máis en Mundo
Comentarios