Primeiras irregularidades nas eleccións mexicanas

Carrexo e compra de votos, publicidade o mesmo día da votación e dificultades para votar polas propias disposicións legais do sufraxio están a protagonizar unhas eleccións moi igualadas.
Agardando para votar en México
photo_camera Agardando para votar en México

Cando aínda non pecharon os colexios electorais en México xa circulan pola rede numerosas denuncias de xornalistas independentes e entidades sobre presuntas irregularidades no proceso.

Na zona de Tuxtla Gutierrez gravouse un video onde se observa como taxistas reparten vales para carrexar xente que vote ao PRI-Verde. Segundo o xornalista que realizou o video, nesta zona coordenáronse 239 taxis e 50 autobuses co obxectivo de sondear a periferia e recoller xente para que vote esa candidatura. Noutras denuncias figuran autobuses sen matricula e mesmo camionetas con produtos que logo servirían para mercar votos.
A compra de votos por parte do PRI tamén recibiu outras denuncias da cidadanía como no caso de Ciudad Juarez onde varios representantes do Partido Acción Nacional (PAN) e do Movimiento Ciudadano, manteñen sitiado un domicilio onde, presuntamente, un grupo de militantes do PRI repartian cartos a persoas que viñan de exercer o seu voto.
Outra das irregularidades denunciadas é o envio masivo de sms pedindo o voto para o Partido Verde Ecologista de México (PVEM) e o PRI. Este tipo de prácticas viola a Lei Electoral mexicana.


Poder votar
Exercer o dereito a voto non é tan sinxelo en México. Como explican no blogue Narrativas digitales hai disposicións do funcionamento legal que dificultan con impedimentos o acceso rápido da cidadanía a deixar constancia das súas inquedanzas políticas. Trátase da casela 4844 que permite que cidadáns en tránsito por cuestións laborais ou outras podan votar. "Hai xente que deambula a estas horas polo Centro Histórico sen poder votar, tendo en conta que é un sitio ao que moitos chegan a traballar, tanto en domingo como en cualquera outro día da semana.

Imaxe: Celina Salvatierra (Narrativas digitales)


(Continuará)

Máis en Mundo
Comentarios