Suecia deixa de recoñecer o Sáhara Occidental para que Ikea poida instalarse en Marrocos

Esta fin de semana Suecia anunciou que xa non apoia a independencia do Sáhara Occidental. Faino após as presións recibidas por Marrocos na negociación da instalación da empresa sueca Ikea en solo marroquí.

Sahara
photo_camera Sahara

O embaixador sueco en Túnez e Libia, Fredik Florén, envioulle recentemente unha revisión da política cara ao Sáhara Occidental ao Ministerio de Asuntos Exteriores, encamiñada a deixar de apoiar o dereito á independencia deste territorio ocupado, tal e como recolle o diario Publico.es.

O Goberno sueco xustificou a retirada do apoio en que “os criterios esixidos polo Dereito Internacional para recoñecer a República Árabe Saharauí Democrática non se cumpren”. Porén, todo apunta a que o cambio de opinión de Suecia se debe ás presións recibidas desde Marrocos para que a empresa sueca Ikea poida instalarse no seu solo. Así o asegura o xornal marroquí Le360.

No mes de setembro, Marrocos impedira a apertura dunha tenda de Ikea nunha localidade próxima a Casablanca. As autoridades marroquís aduciran falta de permisos, mais os medios de comunicación advertían de que detrás da decisión de Marrocos se atopaba o apoio de Suecia ás reivindicacións da RASD.

Máis en Mundo
Comentarios