O PRI recunca no poder en México segundo os primeiros datos

A falta do reconto total  o novo presidente de México é Enrique Peña Nieto. A esquerda calificou os comicios de "pouco constitucionais" e denunciou irregularidades.
Peña Nieto
photo_camera Peña Nieto

Horas despois do peche dos colexios electorais as primeiras noticias apuntan a unha participación superior ao 62%, o que sinala que máis de 49 millóns de persoas votaron nestas elecciones. Enrique Peña Nieto, candidato do Partido Revolucionario Institucional (PRI), seria o vindeiro presidente de México segundo o resultado das primeiras actas elaboradas polo Instituto Federal Electoral (IFE). Estes datos corresponden ás actas de 7.597 mesas electorais das case 143.000 que se instalaron en todo o país.

Os datos que se coñecen corresponden ás actas de 7.597 mesas electorais das case 143.000 que se instalaron en todo o país.


Neses datos facilitados polo IFE o PRI conseguriría entre o 37,93 e o 38,55% dos votos, e ol aspirante da esquerda, Andrés Manuel López Obrador, obtería entre o 30,9 e o 31,86% dos votos. No terceiro lugar  estaría a candidata do Partido Acción Nacional (PAN), Josefina Vázquez Mota, que chegaría ao  25,10 e o último posto ouparíao o Partido Nueva Alianza (Panal) de Gabriel Quadri, con entre 2,27 e 2,57% dos votos.

Máis en Mundo
Comentarios