domingo 24/10/21

Boko Haram mata máis de 65 persoas en Nixeria

Boko Haram mata máis de 65 persoas nun ataque nas proximidades de Maiduguri (Nixeria). A pasada semana, o grupo terrorista cometeu dous atentados no Camerún contra persoas refuxiadas nixerianas.

nixeria
Refuxiadas de Nixeria

O grupo terrorista Boko Haram matou, cando menos, 65 persoas este sábado nas proximidades de Maiduguri, segundo as cifras que manexan diversas axencias de comunicación internacionais. Porén, medios nixeranios advirten de que a cifra podería aproximarse ao centenar.

Segundo as testemuñas, os integrantes de Boko Haram queimaron a localidade por completo, con persoas adultas e crianzas no seu interior.

Hai 2,2 millóns de persoas nixerianas refuxiadas

O grupo terrorista actúa principalmente en Nixeria, país que vive unha das crises humanitarias máis graves do mundo, con 2,2 millóns de persoas refuxiadas, segundo os dados da Acnur.

Aínda que os ataques se centran en Nixeria, a pasada terza feira e a pasada quinta feira Boko Haram atentou no Camerún, onde deixou máis de trinta persoas mortas. Un dos ataques tivo lugar nunha escola de Kerava, ao norte do país, que opera como campo de persoas refuxiadas procedentes de Nixeria.

comentarios