#porquemepeta, unha homenaxe o 17 de maio ás crianzas galegofalantes

A iniciativa quer ser converter, “por un día”, os parques de Ourense en espazos onde o galego estea presente

galego

Unha crianza galegofalante é, nas áreas urbanas de Galiza, algo cada vez máis unha ‘rareza’. Basta achegarse a calquera parque infantil ou poñer o oído ás portas de colexios e institutos para ver que o idioma propio de Galiza non é o idioma propio da gran maioría da mocidade. Unha situación que xa non é exclusiva das grandes cidades e tamén afecta ás vilas. Estudios e informes ai abondo que recollen esta realidade.

Mais crianzas galegofalantes, habelas, hainas. Por iso unha iniciativa popular (#porquemepeta) quer homenaxealas este 17 de maio en Ourense. ”O lugar será o Jardim do Posio em Ourense, e a data o próximo 17 de Maio, de 11:00 a 19:00. A festa pretende ser umha Romaria Popular em favor do idioma, donde haverá um amplo espaço de jogos, e também atuaçons de clown, música e magia. Desde a organizaçom, queremos converter por um dia um dos parques centrais da cidade de Ourense num espaço galegofalante”, sinalan no comunicado.
 

Comentarios