venres 07/08/20

O Poble Espanyol deturpa a toponimia da Galiza na súa web

A toponimia da Galiza non está a ser respeitada nun museo arquitectónico catalán. Na web do Poble Espanyol, situado en Barcelona, aparecen os topónimos galegos nunha forma deturpada, non orixinaria, non legal.Traducións ao castelán que mancan a vista, como por exemplo,“Caldas de Reyes”, ‘Pazo de los Fefiñanes” ou “Villanueva de Lorenzana”. 

Entrada ao Poble Espanyol [Foto: FB]
Entrada ao Poble Espanyol [Foto: FB]

Segundo soubo Sermos Galiza, o ano pasado un cidadán galego dirixiuse ao Poble Espanyol para protestar pola deturpación da toponimía galega na súa web. A resposta que tivo foi que xa o solucionarían en breve, algo que, á vista stá, que non aconteceu. A deformación da toponimia non só a sofre Galiza, na web tamén aparecen os topónimos vascos só na súa forma española.

Poble Espanyol 

É un museo arquitectónico ao aire libre situado na montaña de Montjuïc, na cidade de Barcelona. Foi construído  en 1929 por mor da Exposición Internacional de Barcelona, coa vontade de concentrar nese espazo un espazo que reflectise a diversidade do Estado. O Poble Espanyol, en tempos unha institución pública agora xerida por empresarios privados, oferece arte contemporánea, arquitectura, artesanía e gastronomía. O recinto está conformado por 117 edificios a escala real. Conta cunha variada programación de eventos para o público familiar e adulto, tendas, talleres, bares e restaurantes abertos cada día. 
 

comentarios