acuñar.- (Ademais de significados máis comúns) Apertar.
Lugar de escoita.- Negreira.
Fonte.- Marta Dacosta.
Outros apuntamentos.- Aclara a fonte que a palabra foi recollida a unha muller de Negreira por un mariñeiro chamado Antón Parada.
rebendía, á.- Á competencia, á porfía.
Exemplo.- “Andar á rebendía.”
Lugar de escoita.- Lugo e proximidades.
Fonte.- Xulio López Valcárcel.
rexoar.- Criticar, murmurar, rexoubar.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Jennifer Pallas/CPI O Cruce de Cerceda.
viacales.- Comer moi rápido.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Estefanía González Barral/CPI O Cruce de Cerceda.
xemeletría.- Conxunto de persoas xuntas que adoitan ser moi faladoras.
Exemplo.- “Xuntámonos a familia enteira para xantar, era moita xemeletría!”
Lugar de escoita.- Coruxou (Irixoa).
Fonte.- Carmen Martínez Purriños.