Palabras con memoria: insectando

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Cascarrubia é sinónimo de xoaniña en lugares como Carnota. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Cascarrubia é sinónimo de xoaniña en lugares como Carnota. (Foto: Nós Diario)

cascarrubia.- Xoaniña.
Exemplo.- Existe unha rima para predicir o tempo na que se usa esta palabra: “Cascarrubia, cascarrubia, dime se mañá hai sol ou chuvia”.
Lugar de escoita.- Carnota (A Coruña).
Fonte.- Mar Llinares García.

corquincho.- Insecto áptero que parasita os seres humanos e outros animais.
Exemplo.- “Hai que lavarlle o pelo a Manuel que na súa clase hai nenos con corquinchos.”
Lugar de escoita.- Berducedo (Moaña).
Fonte.- Gonzalo Martínez Portela.
Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Soledad Ríos Santomé, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

lucecoco.- Vagalume ou lucecú.
Lugar de escoita.- Arbo.
Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

rapapisas.- Procesionaria do piñeiro.
Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

vello-en-coiro.- Sinónimo de vagalume ou lucecús.
Lugar de escoita.- Carreira.
Fonte.- Constantino Prego.

Comentarios