martes 24/11/20

Instan a Feixoo a que diga con claridade “canto galego menos” quere no ensino

‘Queremos Galego’ concentrouse fronte ao Parlamento mentres o presidente interviña

(Foto: Queremos Galego)
(Foto: Queremos Galego)

Unha concentración fronte ao Parlamento cando Núñez Feixoo intervía no pleno foi impulsada por ‘Queremos Galego’ para mostrar coas recentes afirmacións do presidente en redes sociais preocupado pola “exclusión” do castelán no ensino e as declaracións de líderes do PPdeG na mesma liña.

Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego, mostrou a “sorpresa” de que o presidente de Galiza escolla este tema para se pronunciar “cando hai motivos de abondo para facelo sobre decisións" do Executivo español en torno ao galego.

Así, Maceira lembrou a exclusión de traballos en galego de premios por parte de terminados ministerios, o feito de que o Radar Covid inicialmente non estivese en galego ou mesmo cando as intervencións de Feixoo para informar da evolución da pandemia eran en castelán.

“O único que explica ese furor que lle deu é que o galego lle sobra”, opina e insta o presidente galego a que se pronuncie sobre “canto menos galego quere no ensino”. Neste punto lémbralle que a presenza do idioma propio da Galiza “é mínima” no ensino: “En Infantil non pasa de 8% nas aulas e en Secundaria supón 18 horas fronte ás 31 de español”.

Marcos Maceira indica que o pasado mes de xuño a comunidade educativa elaborou unha proposta para a normalización do galego no ensino. “O conselleiro aínda non nos respondeu”, indicou.

Esta proposta é un documento conxunto da Mesa pola Normalización Lingüística e movementos de renovación pedagóxica (AS-PG, Nova Escola Galega), Anpas (Confederaciónde Ampas galegas) e organizacións sindicais (CIG, STEG, CSIF) para un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe 

comentarios