Finlandia súmase ás dúbidas de Suecia ante a incorporación do galego como lingua oficial da UE

O Goberno de Finlandia avogou por fomentar a diversidade cultural e lingüística dentro da Unión Europea, mais non cre que esta proposta esexa o mellor camiño.
Intérpretes do Parlamento Europeo. (Foto: UE)
photo_camera Intérpretes do Parlamento Europeo. (Foto: UE)

O Goberno de Finlandia confirmou esta feria as súas á incorporación do catalán, o galego e o eúscaro como idiomas oficiais da Unión Europea, xa que considera que implicaría cargas financeiras e administrativas e hai outras formas máis sinxelas de promover cuestiones relativas a linguas minoritarias.

Así o acordou esta sexta feira un comité centrado en temas da UE e encabezado polo primeiro ministro finlandés, Petteri Orpo, que lembrou que ampliar a listaxe de linguas oficiais pode retardar a toma de decisións no ámbito comunitario e atrasar a entrada en vigor de futuras normativas.

O Goberno de Finlandia avogou por fomentar a diversidade cultural e lingüística dentro da Unión, pero non cre que a proposta española sexa a mellor maneira, tal como pode extraerse dun comunicado difundido polo propio Executivo.

O Estado español, en tanto que presidencia de quenda da UE, incluíu o asunto na axenda do próximo Consello de ministros de Asuntos Xerais, que decorrerá o vindeiro martes 19, coa intención de que haxa un debate e unha eventual votación.

O Estado español ofrécese a asumir o custo

Os países da Unión Europea pediron esta sexta feria ao Estado español un ditame dos servizos legais do Consello e máis tempo para estudar o impacto económico e político do recoñecemento do catalán, o galego e o eúscaro como linguas oficiais da Unión Europea.

Nun debate a nivel de embaixadores para preparar o encontro da vindeira terza feira, unha gran maioría de países expresaron o seu apoio ao multilingüismo como ponte para conectar cos cidadáns e mostraron comprensión cara aos intereses de España,mais tamén expuxeron moitas "dúbidas" respecto ao impacto da medida tanto no funcionamento da UE como nas arcas comunitarias.

O Goberno en funcións de Pedro Sánchez, que exerce de presidencia de quenda do Consello da UE, introduciu na axenda dos ministros europeos  un intercambio de opinións para modificar o regulamento sobre linguas oficiais, coa intención de que o asunto fose sometido ese mesmo día á votación do bloque.

Con todo, distintas fontes diplomáticas consultadas consideran prematuro dar por feito que haxa decisión a Vinte e sete porque varios socios teñen dúbidas sobre o custo da medida e o modo en que poida afectar a outras linguas minoritarias na UE.

O Goberno sueco tamén recoñeceu esta mesma semana que tiña as súas dúbidas respecto a a proposta española.

Comentarios