Letras Galegas

O Día das Letras Galegas e o ano de Luísa Villalta

Unha das editoras que homenaxeará Luísa Villalta é Baía Edicións, que espera poder publicar, ao longo do mes de xaneiro, un repaso da vida e obra da autora coruñesa.
Luísa Villalta, en 2002 (Foto: Xurxo Gómez-Chao).
photo_camera Luísa Villalta, en 2002 (Foto: Xurxo Gómez-Chao).

Este ano, a Real Academia Galega tomou a decisión de render homenaxe no Día das Letras Galegas Luísa Villalta con motivo do vixésimo aniversario da morte da escritora e poeta. Por esta cuestión, varias editoriais galegas escolleron realizar proxectos para conmemorar a autora imprescindíbel da literatura galega. 

Un repaso da súa vida e obra de Baía Edicións 

Unha das editoras que homenaxeará Luísa Villalta é Baía Edicións, que espera poder publicar, ao longo do mes de xaneiro, un repaso da vida e obra da autora coruñesa. Segundo Belén López, directora de Baía Edicións, este traballo elaborado pola investigadora Esperanza Mariño  "pode resultar interesante para coñecer máis Luísa Villalta". 

Pola súa parte, Xerais vén de publicar, no pasado mes de decembro, dúas obras sobre a poeta e anuncia que en xaneiro e febreiro sairán á rúa dous traballos máis arredor da homenaxeada. Un deles é unha obra de Xurxo Souto titulada Somos un pobo de artistas. 

Nesta publicación, que estará dispoñíbel a partir do próximo día 18n de xaneiro, o escritor e músico trata a relación que existe, precisamente, entre a música e a literatura a partir da figura da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas

Comentarios