xoves 23.01.2020

Catro mil [email protected] sacan n´A Coruña a língua polo galego

A nova edición do Correlingua celebrouse na cidade baixo o lema “En galego todo o que buscas”
Correlingua n´A Coruña
Correlingua n´A Coruña

Nin impedimentos do alcalde herculino nin indiferenza, cando non silenciamento, dos grandes medios de comunicación. [email protected] coruñeses perorreron a cidade en defesa do idioma do país. Saíron pouco despois das 11:00 horas do Pavillón de Deportes de Riazor, continuaron polo paseo marítimo, Zalaeta, Campo da Leña e Rúa de San Xoán e Avenida de Navarra até rematar o percorrido diante da Torre de Hércules, onde se deu lectura ao manifesto da edición 2012 e se entregou o premio á mellor faixa.

Pouco máis de unha hora lles levou aos millares de estudantes que esta sexta feira se trasladaron desde os colexios e institutos da contorna até a cidade da Coruña, percorrer a distancia que separa Riazor da Torre de Hércules. Alí, ao pé do faro romano e a estatua de Breogán, a actriz Iria Sobrado foi a encargada de conducir o acto festivo que puxo remate á carreira pola lingua e no que houbo tempo para ler o manifesto gañador do concurso (que nesta edición correspondeu ao alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures), cantar unha versión particular da canción “Se eu te pego” e bailar ao son do grupo “Nugalla”.

Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, e é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participaren nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

comentarios