Unha xuíza desclasifica máis de 1.000 páxinas do caso Epstein: isto é o que se sabe

Os documentos implicarían Clinton e Trump, entre outros.
Ghislaine Maxwel e Jeffrey Epstein nunha foto de arquivo. (Foto: US ATTORNEY OFFICE / 
 ZUMA PRESS /  CONTACTOPHOTO)
photo_camera Ghislaine Maxwel e Jeffrey Epstein nunha foto de arquivo. (Foto: US ATTORNEY OFFICE / ZUMA PRESS / CONTACTOPHOTO)

A xuíza do Tribunal do Distrito Sur de Nova York (Estados Unidos de América), Loretta Preska, ordenou esta quinta feira a desclasificación de case 1.000 páxinas de documentos relacionados co caso do multimillonario Jeffrey Epstein, acusado de pedofilia e tráfico de menores e quen chegou a relacionarse nalgún momento con personalidades como os ex presidentes Bill Clinton ou Donald Trump

Os documentos, que son os primeiros en publicarse en relación ao mencionado caso, poderían incluír até 200 nomes entre os que se encontrarían tanto acusadores de Epstein, empresarios destacados e figuras políticas, aínda que a súa mención ou aparición nos documentos non implica que cometeran algún delito, segundo publicou a cadea de televisión CNN

A pesar de que parte desta información foi publicada por diferentes medios de comunicación ao longo do tempo, é a primeira vez que aparece reflectida en documentos oficiais, que recollen declaracións, correos electrónicos e outro tipo de documentos.

Nomes

Así, aparece a declaración de Johanna Sjoberg, quen asegura que o príncipe Andrés –fillo de Isabel II– lle tocou un peito; outra testemuña asegura que tanto Epstein como a súa ex moza Ghislaine Maxwell obrigárona a "facer o que o príncipe lle pedise". Nas declaracións tamén se constata unha estreita relación entre Clinton e Epstein.

Segundo outras testemuñas, Epstein tamén chegou a atoparse con Trump ou Michael Jackson.

As follas tamén implicarían o científico Stephen Hawking nunha orxía con menores. 

Comentarios