VÍDEO | Netanyahu diríxese a Israel: "Somos o pobo da luz. Faremos realidade a profecía de Isaías"

“Temos unha profunda crenza en Israel, unha profunda crenza na eternidade do pobo xudeu”, espetaba Netanyahu durante un discurso que pode supor unha grande escalada na violencia de cara á Faixa de Gaza e Cisxordania e, por tanto, cara ao pobo palestino.
Benjamin Netanyahu durante o seu discurso esta quinta feira (Foto: i24).
photo_camera Benjamin Netanyahu durante o seu discurso esta quinta feira (Foto: i24).

“Pero ti, Israel, servo meu es; ti, Xacob, a quen eu escollín, descendencia de Abraham o meu amigo… Porque eu Xehová son o teu Deus, quen te sostén da túa man dereita, e diche: Non temas, eu axúdoche”.

Un texto de Isaías, un dos catro maiores profetas do antigo testamento e un dos maiores estandartes do xudaísmo que profetizou, entre outras cuestións, a “consolidación de Israel”.

A súa profecía foi usada na madrugada desta quinta feira polo primeiro ministro do Estado de Israel, Benjamin Netanyahu que, facendo uso do coñecido como ‘dereito divino’ e durante un ‘Discurso á nación’, xustificou a escalada da violencia de cara ao pobo palestino que xa deixa máis de 6.500 persoas falecidas.

Aínda na madrugada desta quinta feira polo menos 61 palestinos morreron tras varios bombardeos das Forzas de Defensa de Israel (FDI) contra edificios residenciais na Faixa de Gaza.

Un dos ataques tivo lugar na cidade de Jan Yunis, no sur do enclave, onde fontes locais informaron do falecemento de 18 persoas, a maioría menores de idade, mentres que notificou decenas de feridos.

"Crenza en Israel"

“Temos unha profunda crenza en Israel, unha profunda crenza na eternidade do pobo xudeu”, espetaba Netanyahu durante un discurso que pode supor unha grande escalada na violencia de cara á Faixa de Gaza e Cisxordania e, por tanto, cara ao pobo palestino.

Así, o primeiro ministro comentou que a decisión sobre cando cruzará o Exército israelí a fronteira de Palestina depende do gabinete de guerra. Netanyahu engadiu que a súa loita é unha “proba para a humanidade” de como “enfrontar os males que axexaban o noso pobo”.

Tras as súas declaracións, o primeiro ministro aseverou que todos renderán contas por este conflito, pero que, polo momento, o primordial é gañar a guerra: “Como líder, é o meu deber guiar Israel cara a unha vitoria decisiva. Con unión e fe na nosa causa, cumpriremos a profecía de Isaías e xuntos prevaleceremos”.

Comentarios