O asalto á embaixada mexicana foi "excepcional", insiste o Ecuador, que volveu xustificar a ofensiva das forzas de seguridade

Audiencia na Corte Internacional de Xustiza
Sesión da cuarta feira na Corte Internacional de Xustiza, nos Países Baixos. (Foto: Corte Internacional de Xustiza)
photo_camera Sesión da cuarta feira na Corte Internacional de Xustiza, nos Países Baixos. (Foto: Corte Internacional de Xustiza)

Na segunda xornada das audiencias da Corte Internacional de Xustiza (CIX), principal órgano xudicial da Organización das Nacións Unidas (ONU), en relación á demanda de México contra o Ecuador polo asalto á súa embaixada en Quito, a capital do país andino, o representante ecuatoriano, Andrés Terán, reiterou a cuarta feira a posición do Goberno conservador de Daniel Noboa de que a ofensiva das forzas de seguridade estivo xustificada, cualificándoa como “excepcional”.

Nesa liña, aduciu que México “utilizou erroneamente durante meses a súa sede diplomática” para “dar refuxio a un criminal común que foi debidamente condenado en dúas ocasións”, en alusión ao ex vicepresidente progresista Jorge Glas, detido no asalto após recibir asilo diplomático en México.

Porén, todo indica que os procesos xudiciais contra Glas responden a unha situación de lawfare, o uso da Xustiza para perseguir opoñentes políticos. A propia Xustiza ecuatoriana deixouno en liberdade en primeira instancia, e só se refuxiou na embaixada mexicana ao lanzarse unha nova acusación na súa contra.

Comentarios