A barbarie máis alá de Gaza: Israel asasina 103 palestinos en Cisxordania, boa parte deles, crianzas

A pesar de que o conflito entre Israel e o pobo palestino está centrado principalmente na Faixa de Gaza, que recibiu continuos bombardeos por parte da Forza Aérea israelí, deixando perto da metade das vivendas do enclave parcial ou totalmente destruídas e ao redor de 5.800 mortos, as tensións en Cisxordania (tamén territorio palestino) aumentaron desde entón, co aumento de operacións militares e enfrontamentos por parte de Israel.
Un voluntario leva os corpos sen vida de dúas crianzas palestinas após un ataque israelí (Foto: Ahmed Ibrahim / Zuma Press / Contactophoto ).
photo_camera Un voluntario leva os corpos sen vida de dúas crianzas palestinas após un ataque israelí (Foto: Ahmed Ibrahim / Zuma Press / Contactophoto ).

O Ministerio de Saúde palestino, vinculado á Autoridade Palestina, cifrou en máis dun centenar as e os civís mortos por operacións das forzas israelís e ataques de colonos en Cisxordania desde o 7 de outubro.

A pesar de que o conflito entre Israel e o pobo palestino está centrado principalmente na Faixa de Gaza, que recibiu continuos bombardeos por parte da Forza Aérea israelí, deixando perto da metade das vivendas do enclave parcial ou totalmente destruídas e ao redor de 5.800 mortos, as tensións en Cisxordania (tamén territorio palestino) aumentaron desde entón, co aumento de operacións militares e enfrontamentos por parte de Israel.

Esta madrugada, as Forzas de Defensa de Israel (FDI) mataron cun dron tres palestinos no campamento de refuxiados de Burqin, en Xinín.

A axencia de noticias palestina Wafa indicou que os militares "irromperon" en Burqin, mesmo con escavadoras, despregaron francotiradores nos tellados de varios edificios antes de disparar desde unha aeronave. Ademais dos falecidos, hai ao redor de 23 feridos, incluído un menor de idade, que presentan distintos estados de gravidade.

Posteriormente, o Ministerio de Saúde palestino informou do falecemento destes tres crianzas, e anunciou tamén a morte dun home de 19 anos por disparos das FDI na cidade de Qalqilia. O mozo. Hamza Sayel Taha recibira un disparo no peito, informa a citada axencia de noticias.

A carteira ministerial palestina comunicou unha quinta vítima mortal no territorio, nesta ocasión en Kalandia, perto da cidade cisxordana de Ramala, por feridas de bala das FDI na cabeza e o peito. Fontes locais identificaron a esta vítima como Ahmed Galeb Mutair e indicaron que a operación do Exército israelí incluíu a detención de varios cidadáns na mencionada localidade. Ademais, outras cinco crianzas resultaron feridas de bala.

Por outra parte, un palestino de 19 anos, Jaled Foqaha, sucumbiu esta cuarta feira ás súas feridas, provocadas a semana pasada por disparos israelís durante enfrontamentos preto de Tulkarem.

103 vidas arrebatadas

O Ministerio de Saúde palestino indicou que o número de mortos en Cisxordania desde o 7 de outubro aumentou a 103, ao incluír dúas persoas que falecerían nas últimas horas dentro das prisións israelís.

Comentarios