HRW denuncia o acoso de Marrocos a unha independentista do Sáhara

Xordania abre un consulado na localidade de El Aaiún 
Varios militares saharauís. (Foto: STR / DPA)
photo_camera Varios militares saharauís. (Foto: STR / DPA)

Human Rights Watch (HRW) denunciou hoxe que a activista independentista saharauí Sultana Jaya leva tres meses sendo vixiada polas forzas de seguridade marroquís que impiden que cheguen visitantes á súa casa e séguena cando sae dela.

A activista conta no informe que nos últimos meses apenas saíu da casa e as veces que o fai é seguida por axente da Policía tanto de uniforme como de paisano. Ademais, denunciou que as forzas de seguridade aproveitaran unha visita súa a España para faceren unha redada na casa, e golpearon á nai delas, de 84 anos, na cabeza.

Ela mesma tamén sufriu unha agresión por parte dun axente que lle lanzou unha pedra mentres gravaba o dispositivo de seguridade en torno á súa casa desde a fiestra nun incidente que o Consello Nacional de Dereitos Humanos de Marrocos dixo estar investigando.

Polas súa banda, a Delegación Interministerial para os Dereitos Humanos respondeu a HRW sinalando que nin ela nin a familia dela están "baixo ningunha forma de acoso nin de vixilancia". E que a nai de Jaya simplemente "perdeu a consciencia".

Acción diplomática

Por outra banda, o Goberno de Marrocos recibiu nas últimas horas un novo pulo ás súas políticas a respecto do Sáhara Occidental, coa inauguración por parte de Xordania dun consulado na cidade saharauí de El Aaiún. O xesto produciuse como consecuencia das tensións coa Polisario ao redor da zona de Guerguerat, na fronteira con Mauritania.

O vice primeiro ministro e ministro de Exteriores xordano, Ayman Safadi, estivo na cidade para a inauguración, onde resaltou que é unha mostra do apoio de Amán á integridade territorial do país africano, segundo informou a axencia estatal xordana de noticias, Petra.

Pola súa banda, o ministro de Exteriores marroquí, Naser Burita, manifestou que Marrocos"celebra profundamente" a posición de Xordania, e salientou os lazos de amizade que unen os monarcas marroquí e xordano, Mohamed VI e Abdalá II, respectivamente.

Resposta de Alemaña

Ademais, tamén esta semana un portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña reiterou que a postura do país sobre o Sáhara non mudou e que para eles é un territorio cuxo "status está sen aclarar", citando as resolucións da ONU.

A comezos desta semana filtrouse unha carta do Goberno de Marrocos onde se puña de manifesto o malestar con Alemaña, supostamente pola cuestión do Sáhara Occidental.

Comentarios