SOCIAL
Denuncian a agresión en Lugo a unha moza por levar a bandeira saharauí
23/abr./24
Os feitos aconteceron durante unha manifestación en solidariedade con Palestina decorrida en Lugo o pasado domingo.
Ana Miranda e Montse Prado representan ao Intergrupo do Parlamento Europeo e ao BNG no XVI Congreso do Frente Polisario.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa en Berlín na Conferencia Europea de Solidariedade co Pobo Saharauí (Eucoco), en representación do Intergrupo de Apoio ao Sáhara do Parlamento Europeo, mentres que a deputada Montse Prado participa en representación do Intergrupo do Parlamento Galego. Ambas as dúas constataron "a necesidade de desenvolver diversas iniciativas desde diferentes ámbitos". Entre estas actuacións, figuran a fin da ocupación que leva a cabo Marrocos e a suspensión dos acordos con este país que afectan ao Sáhara Occidental e "que supoñen unha clara falta de respecto aos dereitos humanos".