O presidente de Greenalia, embargado por unha fraude no IVE

A Audiencia de Madrid vén de condenar tres ex directivos da tecnolóxica ONO a aboar as cotas do IVE defraudadas no exercicio 2014, estimando en parte un recurso presentado por Vodafone contra un fallo do xulgado do Mercantil números tres de Madrid.
Castellano
photo_camera presidente da eléctrica Greenalia José María Castellanos. (Foto: Europa Press).

A demanda da compañía telefónica dirixíase contra o ex presidente de ONO e actual presidente da eléctrica Greenalia, José María Castellano, a ex conselleira delegada Rosalía Portela e o entón director financeiro Carlos Sagasta, cesados dos seus postos en 2014, após adquirir Vodafone 100% do capital de ONO. O embargo ao que se enfrontan os tres ex directivos podería ascender a uns 18 millóns de euros.

'Con grave incumprimento das súas obrigacións'

Vodafone sinalaba na súa demanda que Castellano buscaba “con grave incumprimento das súas obrigacións, a consecución dalgúns eventos de liquidez” coa única finalidade de buscar unha prima e meter presión aos responsábeis da área de revenda internacional.

A denuncia da empresa de telefonía recollía que Castellano pretendía aumentar “extraordinariamente e a calquera prezo os ingresos da devandita área, permitindo que operase allea aos máis elementais mecanismos de supervisión e control”.

A resolución do xulgado mercantil madrileño especifica que non está acreditada a relación de causa e efecto entre a acción dos tres directivos e o dano producido, pero a Audiencia Provincial considera “diáfana a existencia de nexo  causal”.

O caso Greenalia

A resolución xudicial coñécese só uns dias despois que os principais accionistas de Greenalia, Manuel García, e o propio Castellano fixeron pública a súa intención de lanzar unha opa de exclusión para facerse con 13,59% dos títulos da compañía que cotizan no BME Growth.

A OPA toma como referencia o prezo de cotización medio durante o último semestre. Nese tempo, o valor das accións da compañía mantívose relativamente estábel mais lonxe de 21,3 euros que marcou en xaneiro de 2021.

As razóns para retirarse do mercado alternativo foi explicada pola empresa dentro do novo plan estratéxico que preparan para a compañía, porén significa dar un paso atrás con respecto a decisión de saltar ao IBEX.

Greenalia continúa así o camiño doutras compañías de non saltar ao mercado dos capitais polas dificultades que atopan nos mercados. Ademais, esta empresa conta cun número moi escaso de megawatts operarativos e mantén conflitos abertos con moitos colectivos sociais e veciñais.

Comentarios