As froitas e verduras frescas deberanse vender a granel nos comercio polo miúdo

Comercios de máis de 400m2 terán á venda produtos sen envasar.
Os envases de froita fresca deberán superar 1,5 quilogramos (Foto: Patrick Stoltz).
photo_camera Os envases de froita fresca deberán superar 1,5 quilogramos (Foto: Patrick Stoltz).

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta cuarta feira o novo decreto sobre envases e residuos de envases. A nova norma estabelece a obrigatoriedade para os comercios polo miúdo de "presentar a granel aquelas froitas e verduras frescas que se comercialicen enteiras". 

Esta obriga non se aplica "ás froitas e hortalizas envasadas en lotes de 1,5 quilogramos ou máis, nin ás froitas e hortalizas que se envasen baixo unha variedade protexida ou rexistrada cunha indicación de calidade diferenciada ou de agricultura ecolóxica, así como ás froitas e hortalizas que presentan un risco de deterioración ou diminución cando se venden a granel".

Co obxectivo de fomentar a venda a granel, os comercios retallistas de alimentación "cuxa superficie sexa igual ou maior a 400 metros cadrados destinarán polo menos 20% da súa área de vendas á oferta de produtos presentados sen embalaxe primaria, incluída a venda a granel ou mediante envases reutilizábeis".

Ademais, coa esta nova norma, "todos os estabelecementos de alimentación que vendan a granel alimentos e bebidas, deberán aceptar o uso de recipientes reutilizábeis adecuados para a natureza do produto adquirido e debidamente hixienizados".

Redución de plásticos dun só uso

Por outra parte, a través das novas medidas incluídas na lei, "tratarase de conseguir unha redución de 20% en 2030 no número de botellas para bebidas de plástico dun só uso que se comercializan" respecto aos datos rexistrados no ano 2022, avanzando "progresivamente" cara ao "fin da comercialización dos envases de plástico dun só uso".

Ademais, estabelécese que en 2025 deberase reciclar 65% do peso dos envases de plástico e 70% en 2030. No caso dos envases de madeira, estabelécese o obxectivo de 25% para 2025 e de 30% en 2030.

Nos de materiais ferrosos, 70% e 80% respectivamente. Nos de aluminio, 50% e 60%. Nos de vidro, 70% e 75%. E nos envases de papel e cartón, deberase reciclar 75% do seu peso en 2020 e 85% en 2030.

Comentarios