Lugo

Protesta diante do ambulatorio de Porto do Son (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Críticas no Barbanza, Noia e Lugo aos recortes sanitarios da Xunta

As críticas á xestión da sanidade pública galega por parte da Xunta foron protagonistas de varias mobilizacións esta sexta feira. A plataforma SOS Sanidade Pública concentrouse diante dos ambulatorios de Rianxo e Porto do Son. Ademais, o pleno do Concello de Lugo aprobou, co voto a favor do PSdeG e do BNG e a abstención do PP, unha proposición nacionalista para demandar á Xunta recursos e persoal necesarios para "garantir o dereito fundamental" das mulleres lucenses a abortar en hospitais públicos da provincia. 
'Coa música a outra parte', de Trécola, será unha das obras do circuíto.
CULTURA

A Deputación de Lugo programa 59 representacións de teatro profesional

Catorce compañías xirarán por 41 concellos, con montaxes para todos os públicos.

'Canto a la libertad' (1961), de Albino Fernández. (Foto: Museo do Gravado de Ribeira)
star
CULTURA

O Museo de Lugo acolle o gravado humanista de Albino Fernández

O Museo Provincial de Lugo inaugurou onte a exposición Albino Fernández, que percorre a traxectoria dun artista que, malia o prestixio adquirido pola súa obra, aínda non é suficientemente coñecido na Galiza. Defensor dun proxecto democratizador da arte e compañeiro do exilio galego -co que colaborou en numerosos proxectos e co que mantivo estreitas relacións de amizade-, Fernández encarna os valores humanistas dunha arte que ía máis alá da pura experimentación formal.
Coellos (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Poden ser as algas un substitutivo dos antibióticos? Os coellos teñen a súa resposta

Unha tese doutoral defendida na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no campus de Lugo, propón o consumo de algas mariñas como alternativa ao uso de antibióticos en coellos para mellorar a súa saúde intestinal no período pos-destete.
Manifestación contra a instalación dunha planta de biometano en Coeses, Lugo, o pasado 20 de xuño na cidade amurallada. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

O río ao que vertería a planta de biometano de Coeses non podería diluír a contaminación

O Parlamento insta a Xunta da Galiza a "cumprir estritamente" a tramitación da planta de biometano.
Adega reuniuse coa veciñanza de varias parroquias de Lugo para difundir alegacións contra a planta de residuos orgánicos. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

Veciñanza de Lugo rexeita "os cheiros e a contaminación" da planta de biometano: "O estudo de impacto non é nada exhaustivo"

Veciñas e veciños das parroquias luguesas de Coeses, Soñar, Piúgos, Cuíña e Santa Comba, entre outras, reuníronse esta segunda feira con representantes da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) co obxectivo de coñecer as alegacións elaboradas pola entidade ecoloxista ao proxecto da planta de xestión de residuos orgánicos e biometano de Lamablanca (Coeses).
O xacemento lucense en 2023 (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Este verán poderían quedar explicados os secretos do Corro dos Mouros de Lugo

Comezaron as escavacións no xacemento do Corro dos Mouros, tamén chamado O Castrillón, situado a escasos oito quilómetros de Lugo.
Escola oficial de idiomas de lugo (Foto: Academia Format).
SOCIAL

Medran os apoios contra a supresión dunha praza de docencia de portugués na Escola Oficial de Idiomas de Lugo

Profesorado da propia escola xa se reuniu coa inspección e enviaron escritos aos distintos órganos de decisión, así como tamén fixeron un nutrido grupo de alumnos e alumnas do centro.
Onu despuntou na NACC estadounidense. (Foto: CEBL).
DEPORTES

O Club Baloncesto Breogán asina o pivote estadounidense Ejiofor Onu

A última escuadra na que militou foi o Bamberg alemán.
Lugo incrementou 2,8% na cifra interanual de afiliacións (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Cada 100 persoas en idade de abandonar o traballo ingresan 19 na Seguridade Social

O Instituto Galego de Estatística (IGE) deu a coñecer esta sexta feira os datos de afiliación de maio. O mes  concluíu con 1.011.490 persoas afiliadas en alta laboral. 

Iria Castro inaugurou a exposición.
CULTURA

Lugo inaugurou a mostra 'Inevitable', sobre a diversidade de xénero

A deputada de Cultura  destacou “a importancia de que a diversidade sexual e de xénero se exprese e se recoñeza en todos os espazos, tamén nos culturais e artísticos”.
Lugo
SOCIAL

Lugo supera por primeira vez os 100.000 habitantes censados

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, compareceron ante os medios de comunicación para presentar os últimos datos do padrón que rexistran 100.060 habitantes en Lugo

 

Os imputados Jorge Pío (segundo pola dereita) e Javier Reguera (primeiro pola dereita), esta segunda feira, na Audiencia de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Xustiza

Fin da 'Operación Pokémon': penas de prisión inferiores a tres anos para os once acusados, que se declaran culpábeis

Todos os imputados admitiron, un a un, a súa participación nuns feitos relacionados coa adxudicación de maneira fraudulenta do servizo do guindastre municipal de Lugo á empresa Cechalva cando o principal imputado na peza, o ex concelleiro de Lugo Francisco Fernández Liñares estaba á fronte da área de Urbanismo.
lagarto
SOCIAL

Capturan nun edificio de Lugo un lagarto ocelado de 40 centímetros

O ocelado é dos lagartos europeos máis grandes.
Escola oficial de idiomas de lugo (Foto: Academia Format).
LINGUA

Denuncian a eliminación dunha praza de profesorado de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas de Lugo

A deputada nacionalista Iria Taibo denuncia que a decisión vai en contra dun dos obxectivos da Lei Paz-Andrade, o de fomentar a aprendizaxe da lingua portuguesa en Galiza

Xulgados de Lugo. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Investigan un traballador social de Lugo por presuntos abusos sexuais a varias usuarias

O caso está agora en mans do Xulgado.
Acto institucional de presentación da 'Sibila' en Lugo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A 'Sibila' de Velázquez xa está en Lugo

O cadro de Velázquez 'Sibila' procede do Museo do Prado e poderá visitarse até o 7 de xullo no Museo Provincial de Lugo.
Unha persoa diante do CEIP Albeiros de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A ANPA do colexio de Lugo onde traballaba o profesor detido por abusos solicita a "revisión dos protocolos"

Familiares das crianzas do centro denunciaron a falta de "comunicación e transparencia" evidenciada durante a xestión da situación e puxeron en dúbida a "boa praxe" do centro á hora de activar os protocolos.
Unha persoa pasando esta cuarta feira por diante do CEIP Albeiros de Lugo, onde traballa o profesor detido por presuntos abusos sexuais a un grupo de alumnas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Detido o profesor de Lugo denunciado por abusar presuntamente dun grupo de alumnas

"De confirmarse estas denuncias, esperamos que a persoa que fixo isto non saia impune e, de non ser certo, evidentemente tamén que a súa honra sexa recuperada", dixo o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
O CEIP Albeiros, fechado cun cadeado este mediodía. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Policía investiga un posíbel delito de abusos sexuais contra alumnas menores de idade dun centro de Lugo

Ao tratarse dun tema especialmente sensíbel que involucra a menores de idade, a Consellaría non ofreceu máis detalles.