A compravenda de vivendas cae na Galiza 11,4% con respecto a hai un ano

No mes de febreiro, contabilizáronse na Galiza un total de 1.754 compravendas. Delas, 1.245 delas foron pisos e 509 vivendas unifamiliares, cun descenso interanual de 11,3% e de 11,7%, respectivamente, no número de operacións, segundo o Colexio Notarial de Galicia.
Edificios residenciais na rúa do Hórreo de Santiago. (Foto: Arxina)
photo_camera Edificios residenciais na rúa do Hórreo de Santiago. (Foto: Arxina)

A compravenda de vivendas na Galiza no mes de febreiro caeu 11,4% con respecto aos datos do mesmo mes do ano anterior, o que supón o quinto mes de caída consecutivo, segundo os datos facilitados esta quinta feira polo Colexio Notarial de Galicia.

Nun comunicado, apuntou que os datos, proporcionados polo Centro de Información Estatística do Notariado, que a caída de compravenda de inmobles no Estado español sitúase en 13,1%. Asturies é a única comunidade que experimenta unha suba, concretamente de 1,5%.

No mes de febreiro, contabilizáronse na Galiza un total de 1.754 compravendas. Delas, 1.245 delas foron pisos e 509 vivendas unifamiliares, cun descenso interanual de 11,3% e de 11,7%, respectivamente, no número de operacións.

Préstamos hipotecarios

Ao mesmo tempo, a concesión de préstamos hipotecarios para a adquisición de vivendas no país diminuíu en febreiro 27,1% interanual, fronte a unha caída media estatal de 24,4%. Concedéronse 664 préstamos, cunha contía media de 115.809 euros.

Deste modo, 37,9% das compras de vivendas efectuadas na Galiza financiouse cun préstamo hipotecario -fronte a 42,5% estatal- e a contía supuxen de media 74,8% do prezo.

Así mesmo, os datos do Centro de Información Estatística do Notariado apuntan que en febreiro a constitución de sociedades reduciuse na Galiza 0,6%, sendo unha das catro comunidades autónomas con resultados negativos. En concreto constituíronse 400 novas empresas, 3,6% do total do Estado.

Comentarios