O futbolista galego Borja Iglesias renuncia a xogar coa selección española despois de que Rubiales non dimitira

"Paréceme lamentábel que sigan presionando e pondo o foco sobre unha compañeira", manifestou o futbolista compostelán.
O xogador compostelán do Betis, Borja Ifglesias (Foto: Ivan Terron / Afp7 / Europa Press).
photo_camera O xogador compostelán do Betis, Borja Ifglesias (Foto: Ivan Terron / Afp7 / Europa Press).

O futbolista galego que actualmente milita no Real Betis, Borja Iglesias, anunciou esta sexta feira a súa decisión de "non volver á selección español até que as cousas cambien, despois de que Luis Rubiales non dimitise como presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), e instou a que este tipo de actos "non queden impunes".

"Non se se nalgún momento volverei ser unha opción, pero tomei a decisión de non volver á selección até que as cousas cambien e este tipo de actos non queden impunes", anunciou o futbolista compostelán desde a súa conta na rede social X (antiga Twitter).

O dianteiro galego mostrouse "triste e decepcionado" pola situación, tras o bico dado por Rubiales a Jenni Hermoso o pasado domingo, e subliñou que "non" se sente "representado polo que pasou" na Cidade do Fútbol de Las Rozas, sede da federación.

"Paréceme lamentábel que sigan presionando e pondo o foco sobre unha compañeira", dixo respecto diso.

Carreira de Iglesias

Iglesias disputou dous partidos como internacional e foi convocado na primeira lista do actual seleccionador, Luis de la Fuente, para os partidos clasificatorios para a próxima Eurocopa fronte a Escocia e Noruega.

Iglesias é canteirán do Celta e durante a súa carreira xogou en clubs como o Espanyol ou o Zaragoza.

Comentarios