A carreira dos '10.000 peregrinos' volve o 6 de abril

As rúas de Compostela acollerán este certame atlético.
A proba está aberta ás categorías de base. (Foto: EP).
photo_camera A proba está aberta ás categorías de base. (Foto: EP).

A Deputación da Coruña organizará, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, a segunda edición da carreira 'Os 10.000 peregrinos' o vindeiro sábado 6 de abril.

Esta proba levarase a cabo coa intención de "impulsar a participación entre a mocidade e as persoas maiores cun evento de gran relevancia no atletismo, para fomentar e promocionar o deporte ofrecendo a posibilidade a toda a poboación de participar nun certame cun rango de idade que dá cabida a toda a cidadanía", segundo indicou o deputado de Deportes, Antonio Leira.

Esta segunda 'Os 10.000 peregrinos' contará con tres distancias diferentes, de 10, 5 e 2 quilómetros, ademais de cunha andaina non competitiva de cinco quilómetros en ruta. Con respecto aos horarios, a organización confirmou que a saída das catro categorías será desde a rúa San Francisco e a meta estará localizada na Praza do Obradoiro. Ademais, as inscricións xa están abertas no portal oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA), permanecendo así até o próximo 3 de abril.

O deputado de Deportes engadiu que agarda que se repita "a presenza de grandes nomes, como na primeira edición, na que participaron atletas galegos ilustres do panorama internacional do talle de Adrián Ben ou Tariku Novales, grandes exemplos para as xeracións máis novas".

Máis en DEPORTES
Comentarios