Xabier P. Igrexas

Non é a Ucraína, é a OTAN

Vinte anos do Euro

Nova traizón da esquerda sistémica española?

Mapa e compás

O recibo da luz como medida

A tripla crise que enfrontamos

O rexedor Abel Caballero e a tenente de alcalde e presidenta da Deputación, Carmela Silva (Foto: Concello de Vigo)
POLÍTICA

Abel Caballero promete "dous anos brillantes" para Vigo pese ás "ausencias" da Xunta

A dous anos das eleccións municipais, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, atende Nós Diario para valorar a situación da cidade. Formulacións keynesias, obra pública e proxectos europeos son a chave coa que promete dous anos "brillantes". Porén, a oposición é moi crítica co Goberno e demanda gasto social e un novo modelo de urbe.
Vigo
Denuncian falla democrática

O primeiro pleno de Vigo transcorre entre protestos por falla de democracia

Veciñas e veciños denunciaron no primeiro pleno de Vigo “o amordazamento da pluralidade” pola decisión de Caballero de impedir a Marea de Vigo e BNG contaren con cadanseu grupo municipal. Así, a maiores do grupo do PSdeG, formouse o popular e o mixto, onde se integra Marea de Vigo. O concelleiro do BNG foi designado como non adscrito de modo provisional.

Xabier P. Igrexas
Xabier Pérez Igrexas, candidato á Alcaldía de Vigo polo BNG

"Persoas que nunca nos deron o voto dinnos que o BNG ten que volver estar no Concello de Vigo"

Xabier P. Igrexas (Vigo, 1984) participou activamente do movemento veciñal da cidade desde moi novo e durante case 15 anos, tanto na Asociación Veciñal Val do Fragoso como tamén na Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC), da que foi secretario. Fixo parte activa do movemento estudantil e chegou a ser secretario xeral a nivel galego dos Comités Abertos de Estudantes. Preséntase á Alcaldía de Vigo polo BNG. Responde este cuestionario a través do correo electrónico.

xabier
Ausencia das bandas galegas

O BNG envía unha lista de Spotify a Caballero “para que coñeza” a creación musical galega

Ningunha das oito bandas e artistas confirmadas para as actuacións das festas do verán de Vigo son galegas. Ante o anuncio de Abel Caballero deste cartel de estrelas sen rastro de grupos propios, o candidato do BNG á alcaldía de Vigo envioulle unha lista de Spotify de 31 artistas da Galiza “para que saia do seu descoñecemento”.

publi abel caballero
Abel Caballero

O anuncio do Concello de Vigo que semella propaganda electoral

Abel Caballero recibe críticas polo “uso partidista de cartos públicos” a raíz dun anuncio promocional do Concello de Vigo aparecido na prensa local a unha semana das eleccións, e onde o alcalde aparece triunfante en primeiro plano liderando un grupo de persoas.  

Xabier Pérez Igrexas, após ser eleito candidato do BNG nas municipais 2019
POLÍTICA

Xabier Pérez Igrexas será o cartaz do BNG nas municipais en Vigo

O BNG completou esta cuarta feira a nómina dos seus números un nas sete cidades do país coa escolla do activista e dirixente sindical Xabier Pérez Igrexas como cartaz en Vigo. Analista e colaborador de distintos meios de comunicación, a comezar por Sermos, a súa candidatura, a única que se formulou como tal no seo da asemblea local, é froito do consenso entre as e os militantes nacionalistas da urbe máis populosa do país.

Para defendermos as pensións públicas

Bolivia. Bases eleitorais do MAS
INTERNACIONAL

Bolivia, a revolución que resiste

Hai unha illa no medio do refluxo conservador en América Latina. Bolivia. Analisamos este asunto no Sermos262. Eis un avanzo.