Abel Caballero alarga a súa maioría absoluta

O PSdeG faise con 20 das 27 concelleiras da corporación viguesa. O BNG retorna ao Concello e PP e Marea perden tres e un edil respectivamente.  

abel caballero

Apuntábano todas as enquisas e Abel Caballero ben que se encargou de pregonalo ao longo da campaña e precampaña: as urnas ían adar unha ampla maioría ao alcalde, con máos apoio  nas urnas aínda que o logrado en 2015, cando atinxiu 51,8% dos votos e 17 edís. Efectivamente, o PSdeG de Abel Caballero obtivo 20 concelleiros e concelleiras, cunha porcentaxe de voto de 68% e deixou para que se repartise a oposición apenas 7 das 27 cadeiras da corporación viguesa.

Unha delas vai para o BNG, que da man de Xabier P. Igrexas retorna á Corporación após catro anos de ausencia. Obtivo máis de 8.000 papeletas e 5,6% dos votos.

O PP cae, de 7 edís que tiña en 2015 até 4 de agora. Logrou 13% dos apoios nas urnas, case 7 puntos menos que na anterior cita das municipais.

Por último, a Marea de Vigo atinxiu 2 representantes, 1 menos que nas anteriores eleccións municipais. Pasou de ter case 13% dos votos a ficar en menos de 7%. 

Comentarios