Urxencias

SOCIAL

Levan á xustiza o "incumprimento do dereito de greve" no paro de urxencias do CHUS

SOCIAL

Greve de Urxencias Sanitarias 061 e Grupo Norte a partir do 4 de agosto

Haberá paros parciais nas segundas feiras, sábados e festivos por mor do traslado forzoso decretado pola Administración

Capturas APP 061-01
LINGUA

O 061 no móbil, só en castelán

Malia se denominar Urxencias Sanitarias de Galicia, a aplicación do Sergas para dispositivos móbil exclúe o galego e só permite a asistencia en castelán.

Urxencias de Vigo
SOCIAL

A Fiscalía ve “indicios de delito” na morte dunha muller en Urxencias do Hospital de Santiago

Uxio cadeira foto de Laura R. Cuba
SOCIAL

Dúas horas de percorrido en cadeira de rodas por non haber ambulancia adaptada

Uxío Diz, veciño de Compostela, tivo que realizar 10 quilómetros na cadeira para ser atendido dunha urxencia no CHUS, ao que non puido ser trasladado en ambulancia por, afirma, non estar dispoñíbel ningunha adaptada.

Urxencias de Vigo
SOCIAL

Os médicos denuncian que o “colapso” na sanidade pública galega é continuado

Sindicatos Cesm e O`Mega sinalan os “xestores” como responsábeis do desbordamento.

[Imaxe: Wikipedia] TAC
Pertence "á gama máis baixa"

O novo TAC das Urxencias do Clínico de Santiago, baixo sospeita

O Hospital Clínico de Santiago estreou recentemente un TAC que, segundo especialistas, non reúne as condicións necesarias. Segundo afirman, o escáner “pertence á gama máis baixa” e advirten de que a súa compra responde “a intereses comerciais”.

POLÍTICA

O BNG urxe no Parlamento a tomar medidas perante os colapsos en Urxencias

Os nacionalistas presentan unha proposición non de lei para que a Consellería tomen medidas contra unha masificación do servizo que é efecto, din, das políticas do PP.

Unhas horas en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Hoxe desperteime ás 6,45 da mañán (hora ZULU din, non sei moi ben que significado pode ter  ese termo ou porque non se lle chama hora Marianus ou mesmo hora White House ou o normal, hora GMT).

sanidade_capa
DENUNCIA DO DEFENSOR DO PACIENTE

"En Galiza segue morrendo xente esperando nos servizos de urxencias e nos PAC"

O Defensor do Paciente vén de informar do falecemento dunha muller de 57 anos no Punto de Atención Continuada (PAC) de Vimianzo mentres esperaba a ser atendida. Segundo o Defensor, levaba “dúas horas de espera”.

A XUNTA DE PERSOAL DO CHUAC LEVA O COLAPSO á FISCALíA

A oposición pide a demisión de Mosquera pola situación "inhumana" das Urxencias

BNG, AGE e PSdeG exixen o cesamento da responsábel de Sanidade e denuncian que o colapso do servizo responde ao "recorte de persoal" e o "fechamento de camas". 

SOCIAL

Persoal sanitario exixe solucións ao colapso das urxencias e pide "auxilio" á Fiscalía

A conselleira de Sanidade responsabiliza @s doentes da saturación do servizo argüíndo que non se vacinaron contra a gripe. Desde a Xunta de Persoal da EOXI da Coruña denunciarán na Fiscalía o colapso. 

TRABALLO

O persoal do CHUAC valora ir a folga polas "carencias" nas Urxencias

A Xunta de Persoal denuncia a falta de persoal e unha "deficiente organización no servizo" que obriga a unha soa persoa a atender a corenta pacientes.

Naufraxio. Notas de urxencia a unha decepcionante sentenza

A decepcionante sentenza do caso Prestige pouco máis ten que loubar que ser ditada en galego e aínda iso sinala a excepcionalidade de a nosa lingua ser usada na Xustiza.

Once anos da catástrofe. Un ano desde o comezo da fase de xuizo. O simbolismo de este comezar e rematar o mesmo día no que desde Muxía se avistou o barco en perigo para rematar establecendo que fomos quedando sós o mar e nós.

ECONOMÍA

A CIG explicará en Bruxelas a urxencia de resolver xa o tax-lease

Unha delegación da central nacionalista reunirase co director da Oficina da Competencia da UE. Entrer as cuestións a tratar, a data prevista para a conclusión do expediente, a decisión sobre a retroactividade, ou as prácticas doutros países como Holanda, Noruega ou mesmo Francia en aplicar deducións

José María Aznar
Mundo

Aznar desafía a Rajoy ao deixar entrever o seu retorno ao primeiro plano da política

O ex-presidente do goberno español, José María Aznar, mostrouse onte moi displicente e até crítico con Rajoy. O membro do Trío dos Azores deixou entrever o seu retornoa o primeiro plano da política, un claro desafío a Rajoy. Na entrevista concedida a Antena 3, negou ter recibido ningún sobre e dixo que as súas contas están claras. Desmentiu o pretenso financiamento ilegal do PP.
Ana Miranda con representantes preferentes
POLÍTICA

Bruxelas abordará con urxencia a denuncia d@s estafad@s galeg@s polo calote das preferentes

A denuncia, apoiada por 43.000 sinaturas, fora presentada en novembro de 2012 a través dunha representación dea Coordenadora de Plataformas de Afectados, que entregou unha copia da denuncia e da documentación adxunta ao secretario da Comisión de Peticións, David Lowe, nun encontro na Eurocámara auspiciado polo BNG.

Passos Coelho
Lusofonia

O goberno portugués acusa ao TC de pór o país "en serias dificultades" por rexeitar os recortes

O primeiro ministro portugués solicitou unha reunión urxente co presidente da República, Cavaco Silva para que esclareza "aspectos relevantes postos en causa" polo Tribunal Constitucional na súa sentenza. O mandatario luso mantivo este sábado unha xuntanza de máis de catro horas coa súa equipa de goberno logo de que o Constitucional declarase ilegais catro artigos dos Orzamentos de Estado para 2013. Passos Coelho apurou a desmentir que na xuntanza co presidente for apresentar a súa demisión. 

Chipre
INTERNACIONAL

Plans do FMI para Chipre: Tesoirada a salarios e despedimento de 2.000 funcionari@s

O presidente de Chipre presenta un 'programa de choque' para reactivar a economía mentres as acusacións sobre implicacións de familiares seus en evasión de capitais ás portas do 'corralito' aumentan. Aliás, o FMI tería pedido a Nicosia despedimentos de funcionari@s e recortes salariais

Alberto Núñez Feijóo
POLÍTICA

Feijóo desvincula o falecemento da octoxenaria en Vigo do colapso de urxencias

Para o presidente da Xunta non hai relación entre a morte dunha muller no Complexo hospitalario universitario de Vigo (Chuvi) após tres horas agardando en urxencias e o colapso deste servizo. Aliás, e no referente ao caso Bárcenas e as implicacións coa trama Gürtel e o financiamento irregular de actos do PP galego, Feijóo optou, máis unha vez pola práctica do escaqueo: "Eu daquela non era nin afiliado".