A Comisión de Peticións da Eurocámara abordará con urxencia a denuncia polo calote das preferentes

A denuncia, apoiada por 43.000 sinaturas, fora presentada en novembro de 2012 a través dunha representación dea Coordenadora de Plataformas de Afectados, que entregou unha copia da denuncia e da documentación adxunta ao secretario da Comisión de Peticións, David Lowe, nun encontro na Eurocámara auspiciado polo BNG.

Ana Miranda con representantes preferentes

O Parlamento Europeo escoitará e analizará, seis meses antes do previsto, os argumentos d@s afectados polas preferentes para, posteriormente, emitir un informe. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda afirma que "conseguimos que este caso sexa analizado seis meses antes do previsto tras alegar a alarma e o sufrimento social das miles de persoas afectadas".

A denuncia presentada pol@s estafad@s pola fraude das preferentes e das subordinadas a través da Coordenadora de Plataformas de Afectados polas Preferentes e Subordinadas estaba avalada por 43.000 signaturas. Os e as afectadas terán así, lembran desde a fronte nacionalista, "a oportunidade de explicar directamente os feitos recollidos na denuncia ante os membros da Comisión de Peticións" nunha reunión a realizar a finais deste mes.

Esta denuncia foi presentada en novembro de 2012 a través dunha representación desta Coordenadora de Plataformas de Afectados, que entregou unha copia da denuncia e da documentación adxunta ao secretario da Comisión de Peticións, David Lowe, nun encontro na Eurocámara auspiciado polo BNG.

Comentarios