Lusofonia

A oposición lusa exixe "disolver o Parlamento" e "convocar eleccións" após o fallo do TC

A oposición lusa exixe "disolver o Parlamento" e "convocar eleccións" após o fallo do TC

O acordo coñecido esta sexta feira invalida os cortes nos subsidios de ferias a [email protected] e pensionistas. A decisión do tribunal non abrangue "unha restrición de efectos" polo que o executivo portugués deberá pagar a extra correspondente a 2013. O presidente da República dá o seu apoio ao executivo mentres a oposición exixe a convocatoria de eleccións anticipadas. 

Os grupos da oposición reaccionaron de maneira inmediata após o anuncio --en comparecencia de imprensa-- do acordo adoptado polo Tribunal Constitucional a respecto do recurso presentado o pasado ano polo Partido Comunista Portugues (PCP), Bloco de Esquerda e Os Verdes (PEV). 

A decisión ditamina contrarios a dereito os artigos 77º relativo á suspensión do subsidio de ferias a pensionistas, a suspensión do pagamento do mesmo ao persoal funcionario (artigo 29) e a aplicación deste no relativo aos contratos de docencia e investigación ao violaren "o principio de igualdade" recollido na Carta Magna. Tamén así, continúa o ditame promulgado polo Constitucional o artigo 177 vulnera o "principio de proporcionalidade" ao procurar a redución das prestacións por doenza e desemprego que o goberno liderado por Passos Coelho pretendía aprobar de acordo cos ditames da Troika (BCE-UE-FMI). 

Segundo o fallo do TC os Orzamentos violan os principios de igualdade e proporcionalidade ao se suprimiren os subsidios de ferias a [email protected] e pensionistas

Arredor de 1.300 millóns de euros ficarían atinxidos pola decisión do tribunal que, aliás, deberá facerse efectiva con carácter inmediato e sen posibilidade de se aplicar "unha restrición de efectos". Neste senso, o executivo portugués deberá proceder ao pagamento dos subsidios de ferias deste ano ao fixar a data de entrada en vigor dos Orzamentos o 1 de xaneiro de 2013. 

"Disolver o Parlamento" e "convocar eleccións"
A sentenza do Tribunal Constitucional deixa o goberno de coalición portugués nunha dura situación. Após superar a moción de censura que lle presentou o Partido Socialista, os grupos que autores do recurso de inconstitucionalidade (PCP, Bloco e PEV) exixen ao presidente da República que "disolva o Parlamento" e convoque eleccións anticipadas. "O presidente ten agora motivos válidos" para dar por rematado o goberno de Passos Coelho ao non ter "lexitimidade política" e gobernar, aseguraron "de costas á Constitución". 
Porén, Cavaco Silva considerou após coñecer o fallo que o goberno luso foi relexitimado pola frustrada moción de censura e asegurou que unha "inconstitucionalidade orzamental" atinxiría ao Parlamento e non, ao poder executivo. 

O presidente Cavaco Silva di que o executivo ficou lexitimado na moción de censura celebrada hai 2 días 

"O Goberno só depende da confianza da Asemblea da República e non do presidente", defendeu Cavaco Silva en comparecencia de impresa a pasada sexta feira quen apelou á "contención verbal, sentido de Estado e sensatez". Mais o certo é que a imprensa do país veciño e os grupos da oposición falan sen reparos das declaracións do presidente, Passos Coelho, durante esta semana cando aseguraba estar a valorar unha posíbel demisión se o TC fallaba en contra dos Orzamentos presentados. 

Arestora, reunido coa súa equipa de goberno, o primeiro ministro desenvolve un Consello de [email protected] extraordinario no que abordarán a decisión do tribunal mais tamén o futuro político de Portugal. 

comentarios