O TC portugués anula cortes no gasto social por valor de 1.300 millóns de euros

Os cortes nos subsidios de ferias a funcionar@s e pensionistas vulneran o estabelecido pola Constitución lusa. O tribunal tomba catro dos setes títulos que foran recorridos polos grupos da oposición e podería invalidar a asignación prevista polo goberno de Passos Coelho atinxindo 1.300 millóns de euros.

As dúbidas cérnense agora sobre o futuro do goberno portugués. O primeiro ministro luso, Passos Coelho convocou para este sábado un Consello de Ministros extraordinario e urxente. Segundo declarou o mandatario nos últimos días o ditame desfavorábel do Tribunal Constitucional --deseñados pola Troika de acordo coas disposicións recollidas no Pacto de Agresión--  podería motivar a demisión do primeiro ministro. 

A sentenza coñecida esta sexta feira invalida os cortes nos subsidios de ferias ao persoal público e pensionistas. 

Máis información mañá en Sermos Galiza

Comentarios