Entra en vigor a nova normativa de ITV: varios defectos leves pasan a ser graves
Os fallos nos retrovisores, por exemplo, pasan de ser defectos leves a graves.
Os fallos nos retrovisores, por exemplo, pasan de ser defectos leves a graves.
O observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades critica a presenza das forzas armadas nas rúas galegas.
O Goberno central está capacitado desde esta terza feira 5 de novembro para fechar páxinas web e redes sen orde xudicial e por motivos de orde pública.
A primeira folga indefinida no sector bombeiro de Vigo arrincou esta cuarta feira 14 de agosto convocada polos sindicatos CIG e CUT esixindo máis prazas e recursos. Apresentarán esta mesma mañá unha denuncia en Inspección de Traballo contra o Concello de Vigo por manter un decreto que está obrigando a varias persoas deste servizo a realizar até 120 horas laborais á semana, con xornadas superiores ás 48 horas. Miguel Uclés, representante da CIG no comité de empresa do servizo de bombeiros de Vigo conversa con Sermos Galiza sobre a precariedade laboral e a perigosidade que esta situación entraña para a cidade.
En maio deste ano naceu a plataforma Lugo Sen Mordazas. O seu obxectivo é paralizar a entrada en vigor da Ordenanza de Seguridade e Convivencia, que o Goberno local quere aprobar co apoio do PP e Ciudadanos. Asociacións, colectivos, partidos, sindicatos e cidadanía suman forzas contra unha ordenanza que discrimina e criminaliza os colectivos da cidade con maior risco de exclusión. A cultura, popular e autoxestionada, é a súa principal ferramenta. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 314 de Sermos Galiza.
Somos o segundo territorio do Estado en índice de incidencia dos sinistros mortais no traballo: 5 por cada 100.000 traballadores
O paro rexistado, en troca, experimenta en termos interr-anuais un mellor comportamento no noso país do que en España.
O 13 de novembro fanse 15 anos desde que encetara a catástrofe do Prestige. O 13 de novembro de 2002 era o primeiro de seis días que rematarían co afundimento do buque o 19 de novembro dese mesmo ano. O ano en que Galiza sufría a maior catástrofe medio ambiental da súa historia. Con motivo do 15 aniversario, Sermos Galiza afonda no número 271 na falta de competencias en seguridade marítima. Eis un extracto.
Tras dez meses de contactos, a central nacionalista considera que as propostas da patronal para a un novo convenio son insuficientes ante a perda de dereitos económicos e sociais da última década.
Nos últimos días faleceron dous traballadores. Un nas obras de ampliación da ponte de Rande. Outro após caer desde unha altura de seis metros logo de recibir unha descarga eléctrica na nave en que estaba traballando en Vigo.
Pasaron 14 anos e a catástrofe do “Prestige” puxo en evidencia os graves defectos en materia de seguridade marítima. As escasas melloras introducidas na lexislación non son suficientes para impedir que Galiza volva padecer unha marea negra. Aliás, Madrid segue a decidir sobre as nosas costas.
François Hollande propón unha reforma constitucional e legal após os ataques de Paris. Polonia fecha as fronteiras ás persoas refuxiadas e o Estado español afía o pacto antiterrorista suscrito logo do atentado en Charlie Hebdo.
En todos os casos, segundo o informe da IHD, son execucións extra-xudiciais sen ningún tipo de investigación.
Doce comunidades rexistran mellores parámetros que o noso país, cuxo medre en SS é case un punto inferior á do Estado.
O sinistro do Rallie da Coruña que tivo lugar na tarde de onte en Carral e na que faleceron seis persoas volve pór sobre a mesa as condicións de seguridade das carreiras de coches.