Os accidentes laborais graves duplican en Galiza a media estatal

Somos o segundo territorio do Estado en índice de incidencia dos sinistros mortais no traballo: 5 por cada 100.000 traballadores

 

Repsol simulacro emerxencias accidente sinistro

A sinistralidade laboral en Galiza non deixa de se manter en niveis para alén do preocupante. Somos o único territorio do Estado que está no máis alto no índice de incidencia tanto en sinistros laborais graves como mortais.

Así, e nestes primeiros meses de ano, tivemos un índice de incidencia de 5,3 en accidentes mortais, só superada por Cantabria (7,4). Isto é,  máis de 5 accidentes moratis por cada 100.000 traballadores e traballadoras.

En índice de incidencia de accidentes graves  temos 56,7 (case 57 pferidos graves por cada 100.000 traballadores), duplicando a media estatal-, só superada por Estremadura (61,9).

Ademais, Galiza, canda Estremadura e a Comunidade Valenciana, son as únicas que no devandito período ven medrar o seu índice de incidencia total, respecto ao período anterior. De feito, no período abril 2017-marzo 2018, en relación a abril 2016-marzo 2018, no conxunto do Estado o índice de incidencia redúcese en 3,2%, mentres que en Galiza incrementa en 2,7%.

Comentarios