Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Publicamos en exclusiva o relato da neta dunha usuaria da residencia de maiores de Salvaterra de Miño. Poucas semanas antes de facerse público o surto de Covid-19, puido ver a súa avoa, “cando lle quitaron as sabas e a vin espida, non podía crer o que vía”. Nas urxencias do hospital advertíronlle que lle faltaban vitaminas, proteínas e ácido fólico. O motivo, segundo o persoal médico que a atendeu, “a alimentación”.
Asociacións culturais e partidos políticos da oposición veñen de recoller 1.200 sinaturas para manter a diversidade de usos das Covas de Dona Urraca, en Salvaterra de Miño. O concello, gobernado polo PP, adoptou a decisiónn unilateral de as pechar para construír un museo dedicado ao viño. O espazo é empregado por numerosas persoas e agrupacións para actividades culturais e de lecer.
Os plans unilaterais do Concello de Salvaterra de Miño, gobernado polo PP, para converter as Covas de Dona Urraca nun museo do viño topan co rexeitamento da oposición política e do tecido sociocultural da bisbarra. Logo de acordar e difundir un manifesto que esixe manter os usos culturais do espazo -situado na fortaleza da vila arraiana-, agora inician unha campaña á procura de apoios.
O Concello de Salvaterra de Miño, presidido por Arturo Grandal (PP), vén de resucitar o proxecto dun museo dedicado ao viño nas Covas de Dona Urraca, tamén coñecidas como as Minas. O consistorio xa gastara case 200.000 euros de fondos Feder na mesma idea, pero pensada para a Casa do Conde, tamén localizada na fortaleza da vila. Nunca chegou a poñelo en marcha e o inmoble está pechado e sen actividade desde hai anos.
O relato colectivo dunha singular comunidade humana, a que producía a fronteira entre Galiza e Portugal á altura de Salvaterra do Miño, poderá observarse esta fin de semana na localidade arraiana. A asociación cultural Lazoiro reuniu máis de 60 fotografías, achegadas por veciñanza de ambas as dúas ribeiras do río, que amosan o gran paradoxo do Miño: a mellora das comunicacións foi paralela ao arrefriamento das relacións humanas.
Adeus ás vacións e ola ao Festival de Poesía do Condado, que volve cheo de versos e un fío condutor, as Irmandades da Fala. Será os días 2 e 3 de setembro.