Salvaterra renderá homenaxe o domingo aos "cinco sen nome"

Un monumento conmemorará a cinco homes asasinados durante a Guerra Civil en Salvaterra, dos que se descoñece a identidade.
Igrexa de Cabreira.
photo_camera Igrexa de Cabreira.

Non se coñecen os seus nomes nin a súa procedencia. Só se sabe que foron asasinados o  18 de outubro de 1936, na zona do Viso, e que logo foron soterrados nunha fosa común no adro da igrexa de Cabreira (Salvaterra). 

A súa desgraza, porén, non será esquecida. A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña organizou un acto, que terá lugar o vindeiro domingo, día 22, para honrar a súa memoria. 

 

O acto de homenaxe a estes "cinco descoñecidos de Cabreira" consistirá na inauguración dun monolito en memoria das vítimas, ao lado do cal tamén se plantará unha oliveira. Este é o quinto monumento que a Comisión de Recuperación da Memoria Histórica ergueu para lembrar ás vítimas do fascismo, pero, a diferenza dos anteriores, os seus nomes non se poden gravar na pedra. 

O monumento instalarase o domingo, a cargo do Concello de Salvaterra. O acto que a comisión organiza en homenaxe á súa memoria comezará ás 11.30 horas na Baixiña, en Alxén, perto da saída da gasolineira de San Paio, no lugar onde se atoparon os cinco cadáveres asasinados. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios