Oposición veciñal ao proxecto do Concello de Salvaterra para as Minas

O Concello de Salvaterra de Miño, presidido por Arturo Grandal (PP), vén de resucitar o proxecto dun museo dedicado ao viño nas Covas de Dona Urraca, tamén coñecidas como as Minas. O consistorio xa gastara case 200.000 euros de fondos Feder na mesma idea, pero pensada para a Casa do Conde, tamén localizada na fortaleza da vila. Nunca chegou a poñelo en marcha e o inmoble está pechado e sen actividade desde hai anos.
 

covas de dona urraca
photo_camera As Covas de Dona Urraca, en Salvaterra de Miño. Foto: Concello de Salvaterra.