ríos

A ruta dos Muíños do río Grande (Foto: Ramsés Pérez).
star
Caderno 'Gozar'

Expectativa e realidade do río Grande

O roteiro do río do Porto ofrece é unha boa mostra das sombras e as luces dos itinerarios fluviais na Galiza
Crecida do río Verdugo ao seu paso polo concello de Ponte Caldelas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

As bacías dos ríos Deva, Tambre e Verdugo, en aviso por posíbeis inundacións e escorreduras

Arbo, Val do Dubra e Ponte Caldelas son os concellos máis afectados polos efectos das precipitacións das últimas horas.
Tamén se limita o uso das fontes públicas de Betanzos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A demarcación Miño-Sil fecha o segundo ano hidrolóxico máis seco da historia: "Temos unha seca xeneralizada"

"É fundamental que os concellos manteñan as medidas de aforro e continúen cos labores de concienciación á poboación cara ao uso racional e responsábel da auga", sinala o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga.
Verteduras achadas no río Tea, en Ponteareas. (Foto: Proxecto Ríos)
SOCIAL

Rodas, botellas, roupa... Máis de 8 toneladas de lixo recollidas nas augas galegas polo 'Proxecto Ríos'

Perto dun milleiro de persoas participaron na actividade de limpeza simultánea organizada por Adega en 41 concellos.
Courel Vivo compartiu imaxes da choiva arrastrando cinzas polas ladeiras do Courel. (Foto: Courel Vivo)
SOCIAL

A Xunta volve negar que as choivas arrastrasen cinzas aos ríos malia as alertas recibidas

O Concello da Pobra do Caramiñal e veciñanza do Barbanza e O Courel denunciaran a presenza de cinzas nas augas.
O río Lérez ao seu paso por Pontevedra. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Que "medidas excepcionais" adoptou o Concello de Pontevedra para facer fronte á prealerta de seca?

Os técnicos municipais e os de Viaqua, a empresa concesionaria do servizo da auga, estabeleceron catro niveis no marco dun plan excepcional de actuacións: normalidade, prealerta, alerta e emerxencia.
Encoro da empresa Naturgy en Velle, Ourense. (Foto: Nicole)
ECONOMÍA

As eléctricas obtiveron dos ríos galegos ingresos de 296 millóns de euros en 2022

A Galiza produciu 1.298.670 megawatts á hora de electricidade de orixe hidráulica durante o primeiro trimestre. A produción xerou uns ingresos moi importantes para as compañías titulares dos encoros. Iberdrola, Endesa e Naturgy son propietarias de 81,6% da potencia hidroeléctrica instalada no territorio.
A presa Pé de Viña no río Eo, á altura do concello de Trabada. (Foto: Ríos con Vida).
SOCIAL

A Audiencia Nacional ordena a demolición da presa Pé de Viña situada no río Eo

Enel Green Power SL, a empresa concesionaria, ten seis meses para proceder ao derrubamento.
Ponte de Pontepedriña de Arriba. (Foto: Ramsés Pérez)
star
Caderno 'Gozar'

Ás beiras do Sarela

O val do río Sarela foi un dos lugares da Galiza que máis intensamente se dedicou á produción de coiro.
maxes aéreas dunha ponte tomadas pola empresa UAV Galicia, que une as tecnoloxías da fotogrametría e o uso de drons.
SOCIAL

Augas da Galiza admite 58 concesións extinguidas de centrais hidroeléctricas após as críticas de ecoloxistas

Os colectivos ecoloxistas explican que manterán "unha acción sostida de vixilancia e denuncia destas infraestruturas caducadas”.
Ondas no litoral coruñés. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

Alertan de posíbeis asolagamentos en San Sadurniño, Ortigueira, Viveiro, Soutomaior e Ponte Caldelas

As autoridades activaron o plan de risco por posíbeis inundacións se desbordan algúns ríos polas chuvias. Varios municipios xa levan acumulados máis de 85 litros por metro cadrado debido ao temporal.

Aspecto do río Cadós, cun caudal baixo e contaminación. (Foto: Plataforma Auga limpa xa!) #contaminación #caudal #conca #miñosil #eléctricas #encoro
SOCIAL

Alertan dunha nova seca do caudal nun río da conca Miño-Sil en pleno outono

A delegación ourensá de Ecoloxistas en Acción dá conta dun novo episodio de baixada de caudal no río Limia. Aliás, achega unha imaxe tomada pola Plataforma Auga Limpa Xa! para amosar que nunha zona do encoro das Conchas volveron aparecer "toxinas" e "cianobacterias" ante o que consideran un "abandono institucional". Os datos de ocupación nas presas seguen a ser preocupantes en pleno outono.
Pozo do Pego no río Ulla (Touro). (Foto: Colectivo Xea)
star
Andar e Ver

As beiras dos ríos

Estas datas, ao remate do verán, son boas ocasións para camiñar polas beiras dos ríos, en moitos sitios hai tramos acondicionados, aínda que as máis das veces non teñamos camiños se non carreiros que agora se atopan abertos e tripados polo paso recente dos pescadores
Imaxe dunha zona do río Barbaña. (Foto: Amigos da Terra)
SOCIAL

O Concello de San Cibrao das Viñas terá que pagar un millón de euros por verteduras ao Barbaña

Transcende que o Goberno español impuxo unha multa ao Consistorio polas augas contaminantes que chegaron a este río, xa moi castigado ao longo dos anos.
salto ponte de inferno
SOCIAL

Ambientalistas acusan a Xunta de "recuar" ante Naturgy

Ecoloxistas en Acción denuncian que Augas de Galicia impón unha sanción “irrisoria” á eléctrica malia “se demostrar o incumprimento sistemático do caudal ecolóxico no encoro de Ponte Inferno, no río Verdugo, e de que esta empresa fai “apropiación indebida dunha concesión caducada”.

Encoro de Belesar, á altura de Portomarín, a finais do mes de agosto. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #encoro #belesar #baleirado #presa #competencias
POLÍTICA

O BNG pedirá todas as competencias sobre os ríos para Galiza ante o baleirado dos encoros

A deputada Noa Presas levará ao Parlamento o asunto diante da subida da factura da electricidade e co obxectivo de que o país decida sobre as súas "necesidades e prioridades enerxéticas". Aliás, exixirá que se investigue a solta de auga masiva en diversas presas da conca Miño-Sil.
Pequena poza canda o Río Mao, aínda apenas ten uns centos de metros (Foto: Ramsés Pérez).
star
SOCIAL

Onde nace o Río Mao

Volvemos ao Mao, mais desta volta ao lugar onde nace, a Serra de San Mamede.
Praia Fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas (Foto: Turismo Rías Baixas).
SOCIAL

As mellores praias fluviais galegas

As prais son sinónimo de mar... ou non? Repasamos neste artigo as mellores praias fluviais do país.
Encoro dos Peares no río Miño. (Foto: Nós Diario) #encoro #presa #eléctricas #hidroeléctricas #río #miño #bacíamiñosil #aproveitamento #concesión #medioambiente
ECONOMÍA

Os encoros galegos nas marxes da lei

O prazo máximo de explotación dunha concesión hidráulica é de 75 anos desde a súa entrada en funcionamento. Unha vez rematado este período as compañías están obrigadas a devolvelas ao sector público en perfecto estado de uso. A falla de vontade das administracións converten a norma en papel mollado.
Presa do encoro de Castrelo de Miño. (Foto: Xoán Bangueses) #encoro #eléctricas #castrelodemiño #hidroeléctricas
ECONOMÍA

As eléctricas obtiveron dos ríos galegos 4.049 millóns nunha década

Disparada a produción dos encoros no primeiro cuadrimestre de 2021.