Aínda queda verán, e as praias non son só sinónimo de mar, pois Galiza está inzada de praias fluviais de primeiro nivel. Estas son algunhas das máis populares:
Sela (Arbo)
O municipio de Arbo, coñecido pola súa estrela gastronómica, a lamprea, tamén ten moitos outros encantos máis ou menos ocultos, como a praia fluvial de Sela, que tamén permiten ver de preto as tan coñecidas pesqueiras, desde as que se pescan as lampreas do Miño.
A Calzada (Ponte Caldelas)
A única praia fluvial do país que conta co recoñecemento de Baneira Azul, as augas cristalinas do río Verdugo atraen xente de toda a contorna.
O Pozo do Boi (Lalín)
Tamén coñecida como praia fluvial de Vilatuxe, este curruncho natural do río Deza conta con zonas diferentes para gozar do sol, a auga e os xogos, así como doutras áreas destinadas a xantar ou ao aseo.
A Veronza (Ribadavia)
Dun quilómetro e medio de extensión, merendeiro, piscina infantil, árbores e outros moitos encantos conforman o principal atractivo desta praia fluvial situada na beira do río Avia, en Ribadavia.