A Fundación Galiza Sempre renova o seu padroado
Incorpora, entre outros integrantes, o escritor e ensaísta David Rodríguez, Breixo Lousada responsábel de movementos sociais do BNG, Montse Prado deputada no Parlamento Galego e responsábel de formación ou Inácio Pavón representante da FGAMT-CIG
Convócase o Modesto Figueiredo de narracións breves
A Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro vén de convocar o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves. Os e as interesadas poden presentarse até o 16 de novembro.
Marisa Sobrino demite do padroado dun CGAC que ve “á deriva”
Poucos días despois de ser coñecido o nome do novo director, Santiago Olmo, a profesora e estudosa da arte Marisa Sobrino demite como vogal do padroado dun CGAC en deterioro ademais de acusar o proceso de “opaco e partidista”.
Xosé Carlos Caneiro representará á Xunta no Padroado de Afundación
O escritor Xosé Carlos Caneiro representará á Consellaría de Cultura no Padroado da fundación Galicia Obra Social. Jesús Santiago Vázquez Sanluis pola Consellaría de Facenda e Mª Jesús Budiño por Traballo e Benestar completan os nomeamentos.
O acordo de PP, PSOE e AGE decide os novos nomes do padroado de AFundación
Afonso Ribas Fraga, Ángel Sicart , Laura Mosquera Escudero e Eladio Fernández Pérez son as propostas do Parlamento para facerse responsábeis da obra social de AFundación. O BNG cualificou o acordo de “cambalache” político.
Pilar G. Negro, Ferrín, Carme Blanco e Victoria Álvarez entran no Padroado da Fundación Rosalía
A Fundación Rosalía de Castro incorpora catro novos nomes ao seu Padroado. O plenario da entidade aprobou a entrada de Pilar García Negro, Carme Blanco, Xosé Luís Méndez Ferrín e Victoria Álvarez Ruíz de Ojea.
A Xunta cesa a Fernández de Sousa á fronte do padroado do CGAC
A Xunta mantivo como presidente do padroado do CGAC ao que fora presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, até que foi cesado finalmente no primeiro Consello deste mes de marzo. A Consellaría informara de que de Sousa presentara a dimisión hai quince meses mais só agora fai a súa substitución por Sofía Santos, até agora vicepresidenta.
Os membros do Padroado do CGAC non foron informados pola Consellaría da demisión de de Sousa como presidente
A consellaría de Cultura non informou de maneira oficial aos membros do padroado do CGAC da demisión do seu presidente de Sousa Faro. Segundo varios membros consultados por Sermos Galiza, nin houbo notificación da Xunta nin foron convocados para ningunha reunión do padroado.
A Xunta segue sen convocar o padroado do CGAC cinco meses despois da data en que sitúa a renuncia de De Sousa
Fernández de Sousa tería presentado a súa carta de demisión como presidente do CGAC hai cinco meses e Gayoso e Méndez apenas un mes despois. Esas son as datas oficiais que a Consellaría de Cultura e Educación desvela agora, sen explicar por que leva cinco meses sen convocar un órgano descabezado que aínda agora seguen sen data para a próxima xuntanza.
Fernández de Sousa apresentou a súa renuncia como presidente do Padroado do CGAC
Fontes da Consellaría de Educación e Cultura informaron a Sermos Galiza de que o presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, apresentou a renuncia ao seu cargo de presidente do padroado do CGAC. O empresario que levou a Pescanova á suspensión de pagamentos remitiu unha carta ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Tamén terían apresentado a renuncia aos seus cargos como vogais do padroado os ex directores xerais das caixas, Méndez e Gayoso.
Puy asegura descoñecer que Fernández de Sousa é presidente do padroado do CGAC
A perguntas de Sermos Galiza, o portavoz do grupo parlamentar do PP, Pedro Puy, afirmou ignorar que Fernández de Sousa ocupase a presidencia do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. O empresario, que levou a Pescanova á suspensión de pagamentos, foi nomeado para tal cargo polo Goberno galego en febreiro de 2011.
Feijóo terá que responder no Parlamento pola continuidade de Fernández de Sousa, Gayoso e Méndez no Padroado do CGAC
A deputada do BNG Ana Pontón vén de demandar no Parlamento o cesamento por parte da Xunta de Manuel Fernández de Sousa-Faro, Julio Fernández Gayoso e José Luís Méndez como presidente e membros do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. A noticia viu a luz en Sermos Galiza.
A Xunta mantén a Fernández de Sousa como presidente do padroado do CGAC
O goberno de Núñez Feijóo mantén como presidente do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a Manuel Fernández de Sousa-Faro, o responsábel de afundir Pescanova e sobre o que pesan sospeitas de se ter aproveitado de información privilexiada para especular coas accións da empresa desde a súa presidencia. Fontes consultadas por Sermos Galiza apuntan a que De Sousa tería presentado a súa renuncia hai xa semanas, mas oficialmente o Consello da Xunta non tería tomado coñecimento do seu hipotético abandono.
Blanco Valdés, membro do padroado de 'La Voz', acusa 'El País' de "manipular a opinión pública"
Aproveita a tertulia da Radio Galega para defender Feijóo após a publicación das imaxes en compaña de Marcial Dorado, que achaca ao "de amarelismo informativo"