Blanco Valdés, membro do padroado de 'La Voz', acusa 'El País' de "manipular a opinión pública"

Aproveita a tertulia da Radio Galega para defender Feijóo após a publicación das imaxes en compaña de Marcial Dorado, que achaca ao "de amarelismo informativo"

 


O catedrático de Dereito constitucional Roberto Blanco Valdés, membro do patroado de La Voz de Galicia desde o 3 de marzo de 2007, aproveitou a tertulia da Radio Galega para arremeter contra o diario español El País polo que considera "un exercicio de amarelismo informativo". 

Blanco Valdés quitou as unllas para defender a Alberto Núñez Feijóo após a publicación dunha relación se seis fotografías en que sae acompañado do histórico contrabandista Marcial Dorado, que fica encarcerado desde outubro de 2003 cumprindo unha condena de 14 anos por narcotráfico.

"Eu publico unhas fotos onde ti saes cun señor que se dedicaba ao contrabando de tabaco. Digo que está preso por narcotráfico e todo o mundo te vincula co narcotráfico. Iso non é información; é manipular a opinión pública", acusou o catedrático, acrecentando que "as páxinas de La Voz de Galicia todas xuntas non chegarían para publicar as fotos de todos os que nos 80 e 90 tiveron relación con persoas que se dedicaban ao tráfico de tabaco. Era un fenómeno xeneralizado".

Non dixo nada o patrono do xornal coruñés ao redor das fotografías filtradas polo PP a este medio durante a campaña electoral de 2009 en que o daquela vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, aparecía subido nun barco canda o construtor Jacinto Rey. Por estas fotografías, que aínda non foron eliminadas do arquivo dixital do periódico, tanto Feijóo como Mariano Rajoy reclamaron a demisión do nacionalista.

Comentarios