multa

Triacastela_Contaminaccion
Comarcas

Até 10 mil euros de multa por usaren auga dun río con fins agrarios

O Ministerio español de Agricultura notificou a diversas familias de Vilavella (Triacastela) a abertura de expedientes sancionadores polo uso de auga procedente do río Teixido. 

Multa Coia
SOLIDARIZáBANSE COA VECIñANZA NA LOITA CONTRA A INSTALACIóN DO BERNARDO ALFAGEME

Multas por tocar a buguina na rotonda de Coia

Varias persoas recibiron sancións económicas por se solidarizaren coa veciñanza de Coia tocando o claxón dos seus vehículos.

Concentración no Obradoiro
Galiza

"Vacas si, multas non!"

Até a Praza do Obradoiro, no centro de Galiza, chegou o estrume. BNG e FRUGA levaron ao corazón histórico de Compostela a protesta contra a multa a un gandeiro por suxar as vía pública coa bosta das súas vacas. 

POLÍTICA

Bruxelas avala o goberno español nas multas a emigrantes retornad@s

A Comisión europea afirmou que non constitúe unha medida discriminatoria que a Facenda española sancione a milleiros de emigrantes galeg@s @s que reclama multas por non declarar as pensións percibidas do estranxeiro.  

sarria fóra
SOCIAL

Até 800 euros de multa por se 'mollaren' polo río

A Subdelegación do Goberno español sancionou a 9 integrantes da Plataforma sarriana polo río. As multas oscilan entre os 750 e 800 euros. Atribúenlles 'desordes públicas graves'.

SOCIAL

Multas de 150 euros aos cerqueiros por berrar "lume" nunha manifestación

A Subdelegación do goberno español está a remitir multas a mariñeiros e armadores da frota do cerco que tomaron parte na manifestación do 6 de marzo en Vigo.

emigrantes retornados2
Galiza

Unha sentenza retira as multas de Facenda a un emigrante retornado

Unha sentenza retira as multas e o pago de intereses que Facenda tiña imposto a un emigrante retornado por non declarar a pensión cobrada en Alemaña. Os colectivos estanse a mobilizar para conseguir a eliminación das sancións por non teren tributado polos cartos que reciben de fóra por xubilación. 

policia
POLÍTICA

Multas de até 30.000 euros por faixas ou consignas que 'ofendan' a España

O Consello de ministros aprobou o anteproxecto da reforma da lei de Seguridade Cidadá, fixando fortes multas, castigos e sancións para o exercicio de determinados protestos e mobilizacións. A oposición fala da deriva do goberno do PP para erguer un estado policial por riba das liberdades e dereitos civís.

Imaxe: SG
SOCIAL

Até 20.000 euros en multas por un escrache á conselleira de Traballo

Esa é a sanción que poderían enfrontar @s militantes de Galiza Nova que foron retid@s, identificad@s e denunciad@s pola Garda Civil e a policía española nun protesto contra a política de emprego da Xunta.

emigrantes
SOCIAL

Afectad@s estiman en 250.000 @s emigrantes que podería multar Facenda

Esta terza feira houbo concentracións perante os edificios da Axencia Tributaria en 16 concellos do País para reclamar a revogación dos 30.000 expedientes que xa foron abertos e a devolución do diñeiro das persoas que pagaron a sanción.

policia
SOCIAL

800€ de multa a dúas mozas de 15 e 17 anos por dicir "vergoña me daría ser policía"

Aconteceu na Coruña ao rematar a manifestación da plataforma galega contra a LOMCE. Terán que pagar polo que a policía española entende como "unha falta de respecto aos axentes e provocación para o resto de manifestantes secundaren os insultos". Porén, o protesto fora xa disolvido cando se produciron os feitos.

SOCIAL

Multa de 3.600 euros a 15 manifestantes por berrar que 'a garda civil tortura e asasina'

O ministerio fiscal considera que a manifestación que o 12 de outubro de 2010 reclamou en Arteixo que se esclarezan as circunstancias da morte de Diego Viña no cuartel do corpo armado nesta localidade da Coruña se pronunciaron frases constitutivas dun delito de "inxurias á garda civil".

SOCIAL

Contra as multas do Goberno español a colectivos sociais, 'petos de resistencia'

Até o de agora son 30 as entidades que colaborarán nesta campaña de recadación que puxo en marcha na Coruña a plataforma Stop-desafiuzamentos, colectivo cuxas sancións, impostas tamén polo Concello, roldan xa os 8.000 euros.

SOCIAL

A Xunta multa con 450€ a plataforma ContraMINAcción por supostos ''destrozos'' durante un protesto

O colectivo contra a minaría a grande escala vén sumarse á listaxe de organizacións sancionadas por se mobilizaren, como Queremos Galego e a Plataforma polo Aborto. Desta volta quen impón a multa é o Goberno galego

SOCIAL

Queremos Galego ve ''represión'' nas multas do Goberno español a colectivos sociais na Galiza

O colectivo en defensa da lingua presentou xa un recurso contra a sanción por uns desperfectos supostamente causados na manifestación do 17 de Maio. Os argumentos empregados por Madrid son os mesmos que aparecen nos partes policiais polos que foron multados outros colectivos sociais.

Flota baixura pesca
POLÍTICA

Exixen explicacións a Madrid polas multas a embarcacións que non portan bandeira española

As sacións oscilan entre os 800 e os 1.500 euros. O BNG denuncia no Congreso d@s Deputad@s que a medida é "puramente ideolóxica" e exixe a Madrid que dea explicacións

SOCIAL

Veciñ@s de Guitiriz alegan contra as multas recibidas por protestar diante da casa do alcalde

Reciben sancións da Delegación do Goberno español de até 200 euros por mobilizarse contra a apertura ao tráfico dunha rúa peonil.  O BNG saíu en defensa dos e das multad@s

Aurelia despexo
SOCIAL

Novas multas de Subdelegación do Goberno por se mobilizar contra despexo de Aurelia

Stop Despexos informa que esta semana chegaron propostas de sanción a outras dúas persoas, sendo xa 13 as represaliadas por participar nos protestos de Auelia Rey

Flota baixura pesca
Galiza

A Garda Civil multa a barcos pesqueiros galegos por non levar a bandeira española

Está a levantar acta de proposta de sanción de até 1.500 euros a pequenas embarcacións de baixura que faenan dentro da Ría de Arousa sen levar o pavillón 'nacional'. Baséase nun Real Decreto de 1980 que non se estaba a aplicar e que di que a bandeira española ten que ir en lugar ben visíbel

SOCIAL

Sancionad@s por evitar o despexo de Aurelia recorren as multas que lles impuxo Juárez

Un cento de persoas acompaña a presentación de recurso contra as multas impostas por participar nas mobilizacións contra o desafiuzamento, entre elas Francisco Jorquera e varios bombeiros, que contaron co apoio de afectad@s polas preferentes. Denuncian a “criminalización” que practica o delegado do Goberno