A Unión Europea posicionouse a favor do Estado español. A través dunha pregunta formulada polo eurodeputado Iñaki Irazabalbeitia (ALE/Os Verdes) a Comisión europea afirma que "non supón, en principio, unha discriminación" e rexeitou adoptar medidas contra o goberno de Mariano Rajoy.
No último ano milleiros de emigrantes galeg@s iniciaron unha mobilización continuada pola decisión de Facenda de multar @s xubilad@s que perciben pensións doutro país. O colectivo de 'emigrantes retornad@s' --como se deu a coñecer-- abrangue 250.000 persoas que foron sancionadas pola Axencia Tributaria acusad@s de non tributaren. Neste senso, reclámanlles multas desde 2008 --ano en que se aplicou unha reforma lexislativa pola que se obriga a este tipo de pensións (superiores a 11.200 euros), que xa foron declaradas nos países de orixe, a tributar tamén no Estado español.
Segundo a Comisión europea o dereito comunitario recoñece que se pode tributar polo mesmo en dous países, embora @s afectad@s non foran informad@s nen tiveren constancia desta reclamación até o pasado ano. Mais Bruxelas apela á competencia dos Estados membros para fixaren a súa propia política fiscal para rexeitar adoptar medida algunha perante o que o colectivo de emigrantes retornad@s tilda como "fraude".