multa

Potaxe
LINGUA

Garda Civil multa con 150.000 euros a autoestradas por rotular en galego

Axentes da Garda Civil de Tráfico levantaron até 54 sancións ás vías galegas por feitos como ter sinais coa palabra 'peaxe' e non 'peaje'

conservas Cuca
ECONOMÍA

Sancións e multas a operarias por se mobilizar en defensa dos seus empregos nunha conserveira arousá

Desde hai meses as operarias de Conservas Cuca, en Vilaxoán, están a se mobilizar para que a empresa lles garanta que o traslado da factoría ao Grove non vai implicar despedimentos. As traballadoras están a recibir sancións e multas por manifestacións e mobilizacións.

Carlos Callón
LINGUA

A acusación pide 15.300 euros de multa para Callón por emendar un xuíz que utilizou La Coruña

Esta sexta tivo lugar na Coruña o xuízo contra o presidente da Mesa pola Normalización por lle reclamar ao que foi xuíz decano da cidade, Fraga Mandián, o incumprimento deliberado da Lei de normalización lingüística. A acusación pediu para Callón unha multa de 15.300 euros máis o custo do xuízo. O presidente da MNL cualifica o xuízo de "entre kafkiano e unha comedia de situación"
Asembleia de desempregad@s de Ferrol perante xulgados
SOCIAL

Multa de 835€ para @s activistas de Ferrol que intentaron pagar a compra co cartón do desemprego

A Asemblea de desempregad@s de Ferrol, da cal fan parte @s condenad@s, recorda que a acción simbólica non chegou a concluírse e que o valor dos alimentos non chegaba aos 26 euros. Acatan a sentenza, mais considérana máis unha tentativa de ''criminalizar'' a mobilización social
POLÍTICA

Multas de 400 euros a moz@s dumha rondalha que celebrou o Día da Pátria em Ourense

Subdelegaçom do Governo espanhol está a notificar as "sançons administrativas de 400 euros" aos e as participantes na iniciativa desenvolvida o 19 de julho na cidade das Burgas
Concentración de afectad@s polas preferentes
ECONOMÍA

Multas de ata 300 euros a afectad@s polas preferentes por protestaren

As primeiras sancións foron emitidas por Subdelegación do Goberno a raíz da concentración do pasado 26 de abril ante a sede central de Novagalicia Banco en Vigo. O BNG pide no Congreso que se retiren as sancións
Actuación da Policía Local nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
LINGUA

Multas por asistir a un acto de homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol

O acto poético, que decorreu diante da casa natal do escritor e filólogo galego, foi considerado pola Subdelegación do Goberno como unha "infracción grave".
XUSTIZA

Arxentina multa a Telefónica con 32 millóns de euros

Movistar, a filial da multinacional española, deixou sen servizo 16 millóns de persoas en abril e non reparou os danos. O Goberno impón agora unha sanción e ínstaa a devolver a cada persoa afectada unha cantidade que ronda os 2€ na vindeira factura