Monte Pindo

SOCIAL

A marcha polo Pindo exixe responsabilidades: ''o desleixo da Xunta tamén prende lumes''

O roteiro reivindicativo convocado pola Asociación Monte Pindo rematou no lugar de Chan das Lamas após dúas horas e media de camiñata. Reclamáronse demisións a berros, así como a declaración de Parque Natural para este lugar.

Monte Pindo
POLÍTICA

A Xunta non declarará Parque Natural o Monte Pindo

Feijóo alega que Carnota xa é Rede Natura 2000 para asegurar que "non hai posibilidade de darlle máis protección e conservación" a este espazo natural. 

O incendio do Pindo e a aversión da Xunta polos parques naturais

O 14 de xaneiro de 2009 publicábase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a declaración de Paisaxe protexida para os Penedos de Pasarela e Traba. Era a segunda declaración deste tipo da Consellería de Medio Ambiente que dirixía Pachi Vázquez, conselleiro do goberno bipartito PSOE-BNG. A Xunta actual nunca o faría.

Galiza

Ramón Noceda: "Se a Xunta non fai nada para recuperar o Monte Pindo, farémolo nós"

O alcalde de Carnota, Ramón Noceda, e o grupo parlamentar do BNG critican con dureza a actitude da Xunta perante a vaga de incendios que asolagou o país e denuncian que se estea a agochar "detrás dos incendiarios" para "eludir responsabilidades". O rexedor carnotán, do Bloque, asegura que "o monte é dos veciños": se a Xunta non iniciar a recuperación do Monte Pindo, "farémolo como iniciativa popular".

Galiza

No nº65 andamos o que queda do Monte Pindo e ofrecémosche a crónica da destrución dun País

Analizamos o recurso de casación que a defensa d@s catro independentistas xulgad@s en xuño na Audiencia Nacional española presentará perante o Supremo; contámosche os intereses de Alemaña en Pescanova. Todo isto e moito máis, en 32 páxinas.

[Imaxe: Xunta de Galiza]
POLÍTICA

A Xunta non decidirá se declara zona catastrófica Monte Pindo até non "avaliar os danos"

Após calcinárese na practica totalidade, o Monte Pindo terá que agardar a que a Xunta "avalíe os danos" para que saber se será ou non declarada zona catastrófica. Aliás, Rueda asegurou que ter recoñecido o Pindo como Parque Natural non tería "benficios" na prevención do incendio

Galiza

Desactivada a máxima alerta, a Asociación Monte Pindo exixe declaralo "zona catastrófica"

Os servizos de emerxencia desactivaron esta tarde o máximo nivel de alerta após comezar a orballar. O movemento ecoloxista e o Concello de Carnota insisten na urxencia de declarar a zona como catastrófica  para iniciar a recuperación do Monte Pindo

O Pindo queimado
Galiza

A Asociación Monte Pindo exixe demisións de Medio Ambiente e Rural

Exixen a demisión de Agustín Hernández e Rosa Quintana como responsábeis das Consellarías de Medio Ambiente e Rural, reclaman a inmediata declaración de Parque Natural e convocan un roteiro pola zona ardida para o día 28 de setembro e unha manifestación nacional en Compostela o 6 de outubro.

Galiza

Adega acusa ao desleixo da Xunta da traxedia do Pindo

Adega responsabiliza á Xunta e en especial ao Conselleiro de Medio Ambiente da traxedia do Monte Pindo e fai un chamamento á cidadanía para que continúe apoiando a iniciativa para ser declarado Parque Natural. 

Lirio do monte, (Foto AMPPN)
Galiza

O Pindo arde con 630 especies naturais, sen apagar o berro de anos que pedía a súa protección

Un cumio de 627 metros presidindo o mar de Carnota, con 630 especies naturais identificadas, grande riqueza xeolóxica, e unha manchea de mitos e historias que fan del un espazo especialmente literario. A Asociación Monte Pindo pedía con urxencia protección para un monte hoxe arrasado polo lume. 

Monte Pindo ardendo
Galiza

Un incendio destrúe o Monte Pindo

O monte Pindo está destruído despois dunha noite na que o lume arrasou máis de 1.600 hectáreas e asediou varios núcleos de poboación do concello de Carnota. O seu alcalde, Ramón Noceda, confirmaba ás 9 da mañá que o Pindo "acabouse, está completamente destruído". 

Lirio do monte, (Foto AMPPN)
Galiza

O lirio do monte, unha razón máis para esixir que o Monte Pindo sexa parque natural

A aparición lirio de monte, especie en perigo de extinción, no Pindo dálle unha razón máis ás asociacións que reclaman a condición de parque natural para o Olimpo Celta. 

Miro Villar-Fernández Naval
CULTURA

Poemas en mancomún para o Monte Pindo

O Monte Pindo é un dos espazos de máis forza mítica e poética. A súa figura imponse na Costa da Morte de maneira sobrecolledora e a súa sombra naceron lendas populares, textos literarios e versos épicos. Por subscripción popular tentarase publicar unha antoloxía arredor do Olimpo Celta coordinada polos escritores Miro Villar e Francisco X. Fernánez Naval.